A Área de Saúde FGB, apoio para o traballo dos colexiados galegos

O Comité Galego de Árbitros, en colaboración coa Área de Saúde da FGB, pon en marcha un novo servizo orientado a todos os seus colexiados e que lles abre novas posibilidades de ampliar a súa formación e mellorar a súa práctica deportiva.

O CGAB activa unha plataforma de consulta para todos os árbitros galegos, os cales poderán enviar a partir deste mércores, e a través dunha dirección de correo específica, areamedica@fegaba.com, todas aquelas dúbidas de carácter físico e relacionadas coa saúde, sempre que afecten ao desenvolvemento do seu traballo en pista.

As preguntas enviadas atoparán resposta a través da recente sección desta web Área de Saúde – Zona de Dúbidas, espazo para informarse e no que se publicarán de xeito continuo os ditames da Área de Saúde ante as preguntas propostas polos colexiados galegos.

O Comité Galego de Árbitros dá saída así a un servizo demandado polos propios colexiados dende o inicio desta temporada 2012 – 2013.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram