A Federación Galega de Baloncesto e o colexio coruñés Liceo la Paz unen as súas estruturas no marco dun proxecto pioneiro que permitirá impartir formación en iniciación á arbitraxe como actividade integrada na oferta educativa do propio centro escolar.
O Director do Comité Galego de Árbitros da FGB, Miguel Ángel Pérez; e o Director Técnico do Colexio Liceo la Paz, Martín López; rubricaron este martes un convenio polo cal esta iniciativa en común puido celebrar xa a primeira das súas clases.
Esta novidosa posta en marcha da arbitraxe como actividade extraescolar estará aberta aos alumnos e alumnas de 14 e 15 anos e contará coa colexiada do Grupo 1 FEB, Laura Piñeiro; como docente. As aulas celebraranse cada martes lectivo ata o vindeiro mes de maio.
A estrea desta experiencia didáctica, que xa tivo lugar tras a sinatura do acordo; deixou as primeira mostras de que arbitraxe, como parte imprescindible do deporte, é tamén motor importante de valores educativos.