Segundo día do Road Show 2014 en Pontevedra, coa presenza de Fernando Romay e de novo acompañado polo bo tempo. Este domingo o protagonismo foi para as nais e para Sanitas, cunha charla sobre hábitos de alimentación saudables.
(Info: Área de Comunicación FEB) Nova xornada de estancia do Road Show 2014 en Pontevedra. Un día no que o bo tempo volveu acompañar aos participantes, que pertencían ao CB Arxil e Xuventude de Cambados. Estes, xunto a Estudiiantes Pontevedra, serán os organizadores dos Campionatos de España Infantil Masculino e Feminino, que se celebrarán a mediados do mes de xuño en Cambados e Pontevedra.
Fernando Romay, lenda do baloncesto nacional e galego de pro, impartiu un novo clínic sobre tiro a preto de medio centenar de xogadores e xogadoras. A novidade chegou á finalización do mesmo: nun día tan especial, o pívot internacional animou ás nais presentes a participar nun concurso de tiro cos seus fillos. Logo da actividade física, chegou a quenda da “teoría”. Da man de Ana Rosa Fernández Martín, Directora Médico Provincial de Sanitas en Galicia, tivo lugar unha charla sobre hábitos de alimentación saudables para a práctica deportiva. Todos os presentes escoitaban atentamente mentres “devoraban” as pezas de froitas repartidas por Sanitas.
Mañá será o último día do Road Show 2014 en Pontevedra. E será o día da competición: máis de 1.000 escolares, xunto a 75 profesores e 50 voluntarios, daranse citan nas 32 canchas de xogo instaladas para o “Día do Baloncesto. 3×3 na Rúa”, organizado polo C.B. Arxil. O torneo disputarase pola mañá (de 9:50 h a 13:10 h.), pero quen o desexe poderá visitar o camión do Road Show, onde Fernando Romay estará asinando autógrafos e facéndose fotografías cos afeccionados.