A 1º División Feminina xa ten calendario

A Federación Galega de Baloncesto, organizadora directa nesta temporada 2012 – 2013 do XXVII Campionato 1º División Feminina – “Grupo A”, realizou esta mesma mañá o sorteo do CALENDARIO da fase regular desta competición, de caracter interautonómico, e na que os intereses galegos representaraos o equipo coruñés Sondeos del Norte Maristas, club que acadou o ascenso a esta categoría no ano 2007.

O calendario completo que lle agarda as xogadoras de Maristas, así como aos seus rivais, procedentes de Castilla León, Asturias e Cantabria, pode consultarse aquí.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram