A 1º División Feminina modifica as súas Bases de Competición, data de inicio e calendarios. En virtude de circunstancias sanitarias, a competición, prevista ata o momento para comezar esta mesma fin de semana; varía o seu inicio marcado agora nunhas novas bases.
Será o vindeiro 25 de outubro cando arrinque a Liga, que nesta 2020 – 2021 conta con cinco equipos galegos encadrados no Grupo A1 – Subgrupo A para desputar entre eles a primeira fase de xogo.
Marín Peixe Galego, Peleteiro Hyupersa Santiago, Arxil Mafari Café, Seis do Nadal – Coia e Codigalco Carmelitas Ourense comezarán deste xeito unha competición que contará, xa a partir da súa segunda fase, con equipos das outras Federacións implicadas: Asturias, País Vasco e Cantabria.
Nos documentos que achegamos remitimos as novas bases indicadas, o protocolo específico COVID 19 para a categoría, así como os calendarios de xogo.
1º División Feminina: Bases de Competición 2020 – 2021
1º División Feminina: Protocolo COVID19
1º División Feminina: Calendario 1º Fase – Grupo A1A