85.000 euros para o Baloncesto Galego

A Federación Galega de Baloncesto destinarÔ esta cantidade para comezar a impulsar a nova temporada de Baloncesto en Galicia marcada pola situación de emerxencia sanitaria e parón total vivido coa chegada da COVID 19.

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; anunciou esta tarde no marco da Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Baloncesto, celebrada en Santiago de Compostela; que a entidade Federativa ven de establecer un plan de inxección económica para reactivar o baloncesto federado en Galicia que suporÔ unha achega de 85.000 euros para a nova temporada.

Esta cantidade, que depende directamente do presuposto da propia Federación, a falla, polo momento de posibles axudas doutra Ć­ndole; articularase en torno a tres accións que redundarĆ”n directamente nos necesarios trĆ”mites económicos dos Clubs, imprescindibles para o inicio administrativo das competicións 2020 – 20201.

En primeiro lugar, e tal e como explicou o mÔximo mandatario FGB; nesta nova temporada conxelaranse os importes de cota de inscrición, licencia. mutualidade e tarifas arbitrais, indistintamente da categoría.

No relativo, en concreto, Ôs cotas de inscrición, a FGB estableceraas como gratuítas para todos aqueles equipo de 2º divisións júnior, cadete, infantil, minibasket e preminibasket; e, para as restantes categorías, raalizarase un desconto dun 50%. Finalmente, pola parte referente Ô cota autonómica, a FGB anuncia que esta reducirase nun 50% para a totalidade de categorías.

Estas tres primeiras medidas, tal e como detallou o Presidente FGB ā€œson o resultado do traballo da Xunta directiva FGB e o seu gabinete económico na busca de axudar a garantir un escenario mĆ”is axeitado a Nova Normalidade económica que afrontan os clubs e federación deportivas en Galicia, unha realidade marcada pola inquedanza a corto e longo prazoā€. A entidade Federativa, remarcou; ā€œcontinuarĆ” igualmente traballando para non deixar atrĆ”s a ningĆŗn club, ou membro do Baloncesto Galegoā€.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram