600 xogadores para o III Torneo Solidario “Encesta un alimento”

Club Baloncesto Nigrán e Federación Galega de Baloncesto están inmersos na organización da III edición do Torneo Solidario “Encesta un Alimento” que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Panxón os días 22 e 23 de Decembro.

Máis de 20 clubs, con máis de 60 equipos xa confirmaron a súa asistencia ao evento. Trátase do torneo máis grande organizado polo club nigraniense que encherán de baloncesto a localidade durante dous días.

Máis de 600 nenos e nenas que gozarán practicando o seu deporte favorito ao longo de dúas xornadas que terán ademáis un importante carácter solidario xa que cada un dos xogadores e xogadoras que participen aportarán un alimento non perecedeiro, do mesmo xeito que poderá facer o público asistente. Posteriormente, no acto de clausura do torneo, farase entrega ao banco de alimentos da totalidade dos alimentos recolligos co fin de ser destinados ás familias máis necesitadas.

Desde a categoría baby, ata a categoría cadete, pasando polas categorías benxamín, alevín e infantil desfilarán polo polideportivo municipal ao longo do xoves 22 e venres 23 de decembro para disputar diferentes partidos e compartir unha xornada de deporte, convivencia e festa.

Os partidos serán adirixidos por colexiados da Federación Galega de Baloncesto que participan de xeito voluntario e desinteresado, do mesmo xeito que xa o fixeron na edición do ano pasado. Ademais dos encontros deportivos realizaranse sorteos de diferentes agasallos entre todos os asistentes.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram