35 oficiais de mesa do CGAB preparan a súa participación no XLIII Campionato de España Júnior Masculino

O Comité Galego de Árbitros está a poñer a punto todos os mecanismos que, pola súa banda, tomarán parte no XLIII Campionato de España de Clubs Júnior Masculino, competición que comeza este domingo, 4 de maio; e que conta como sedes coas localidades de Marín e Pontevedra.

Nesta liña, e reforzando o proceso habitual de formación que se realiza durante toda a temporada, na tarde do martes un total de 35 oficiais de mesa (con experiencia en Ligas Autonómicas FGB) pertencentes aos Comités Zonais de Arousa e Vigo e que tomarán parte no indicado Campionato de España, foron protagonistas dunha sesión técnica “on line” na que reactivar conceptos e clarificar dúbidas. 

Esta convocatoria didáctica realizada co apoio da tecnoloxía estivo guiada pola formadora oficial do CGAB nos cursos de iniciación “on line”, Beatriz Vázquez. Coordinando o proceso mantívose tamén o Director Técnico do Comité de Árbitros, Miguel Ángel Pérez.

XLIII Campionato de España Júnior Masculino: Calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram