3º División Masculina: grupos de xogo

A Federación Galega de Baloncesto comunica, unha vez rematado o prazo para a solicitude de vacantes na 3ª División Masculina, a composición definitiva dos grupos desta competición.

No documento que se achega especifícanse os integrantes de cada un dos seis grupos de xogo, destacando en amarelo aqueles equipos que finalmente cubren as vacantes.

O futuro inmediato para todos eles virá da man do sorteo de calendario, a realizar o vindeiro luns, 24 de setembro, as 19.00 h nos locais de cada Delegación correspondente.

3º División Masculina: grupos de xogo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram