25 aspirantes a colexiados iniciánse nesta tarefa en A Coruña

Un total de 25 aspirantes a colexiados afrontan desde este luns en A Coruña a súa particular experiencia formativa posta en marcha polo Comité Galego de Árbitros. Da man da Delegación Zonal, celebrándose na súa sede da cidade herculina (Centro Social Sagrada Familia), o CGAB realiza este novo curso de iniciación, no que as expectativas son ben óptimas.

O curso prolongarase ata este venres 23, de 19.00 h a 21.00h, expoñendo durante estas datas todo o material teórico. Posteriormente, a partir do sábado 24, iniciaranse as sesións prácticas, que se irán alternando sábados e luns ata completar o número de horas precisas para superar o curso.

Esta nova actividade foi planificada polo Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, e conta como colaboradores con Daniel Pazos, Jorge Blanco, Fran Seguín, Sabrina Suárez e Alejandro Larrañaga, ademais de todo o soporte técnico e administrativo propio da Delegación Coruñesa da FGB.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram