A Escola Galega de Adestradores, rematado o prazo oficial de inscrición para o novo Curso FGB de Nivel 1, remite a lista de alumnos admitidos para realizar a formación.
Son un total de 24 adestradores que iniciarán a súa persoal andaina didáctica no Nivel 1, acompañados da propia EGA e coa colaboración do Concello de A Estrada e a Xunta de Galicia.
O Curso iniciarase no mes de setembro con tres datas de aulas presenciais (1, 2 e 3 de setembro) para as cales os alumnos aloxaranse no Concello de A Estrada, dando uso ao propio Pavillón Municipal Coto Ferreiro e á Academia Galega de Seguridade Pública.
Tras o paso polo Concello de A Estrada, o curso completarase de xeito online, a través da plataforma formativa FGB e estendéndose ata o mes de decembro.
- Miguel Regueiro Martín.
- Xavier Simón Montero.
- Diego Seara Lamas.
- Clara Silva Rodríguez.
- Víctor Manuel Rodríguez Alonso.
- Jaime Taña Ferreiro.
- Nicolás Díaz Lourido.
- Lucas Nogueiras Peiteado.
- Ismael Álvarez González.
- José Luis Pavón Requejo.
- Luis Montenegro Pérez.
- Carlos García Fernández Gago.
- Daniel González Devesa.
- Jorge Moreno Covelo.
- Martín Ruiz Roca.
- Elias José Ruiz Roca.
- Javier Lucio González.
- Sergio Cabaleiro Díez.
- Alejandra Rodríguez Castiñeira.
- Gustavo Casal Seijo.
- Lucía Borrajo Blanco.
- Rubén Mateo Fernández.
- Esteban Franco Parapar
- Ramón Hermida Cudeiro
En vindeiras datas, os 24 inscritos recibirán vía email a primeira comunicación de benvida por parte da Escola Galega de Adestradores, así como as indicacións pertinentes para poder acceder á nova Plataforma Online FGB.