Este mesmo sábado, 17 de Maio, a localidade de Carballo vestirase coas súas mellores galas para acoller aos 42 equipos e preto de 500 participantes que comparecerán no “2º DIA do PEQUEBASKET”, evento que contará coa presencia de Fernando Romay.
A celebración do 2º DIA do PEQUEBASKET, que reunirá en Carballo a preto de 500 nenos de 5 a 8 anos procedentes de toda Galicia, inundará as instalaciós do Pavillón Carballo Calero e CEIP Bergantiños, para a celebración dunha iniciativa única en Galicia. Fernando Romay, chegará pola mañá e será recibido polo alcalde, Evencio Ferrero e logo trasladarase as instalacións do DIA do PEQUEBASKET para comenzar a súa participación.
O venres pola mañá comenzará a instalación da insfraestructura necesaria para o evento, que moverá a 40 voluntarios que xunto coa organización fará que os equipos visitantes, pasen a xornada o mellor posible. O equipo organizador e técnicos municipais, xa concretaron os detalles relativos a tráfico, infraestruturas e servizos, xa que o 17 de maio espérase recibir en Carballo a máis de mil persoas para gozar dunha xornada de deporte, xogos, ocio e diversión, con máis de 100 partidos en xogo.
Contarase con 7 canchas de baloncesto, inchables, coches a pedais, xogos populares contruidos con material reciclado, concerto infantil antes do xantar, talleres de globoflexia e moitas horas de diversión!
Para os visitantes, a organización ten preparada información precisa sobre donde comer, picar, xantar, e máis detalle da hostalería local que colobora co DIA do PEQUEBASKET. A mesma pode comprobarse no Díptico que se achega xunto a esta información.
Traslados, á súa vez, calendario e horarios deste 2º DIA do PEQUEBASKET.
2º DIA do PEQUEBASKET: Calendario.
2º DIA do PEQUEBASKET: Díptico Hostalería.