C.B. Culleredo organizou este sábado, 7 de maio; a Fase Final A4 da 1º División Masculina, cunha praza de ascenso a Liga EBA en xogo, que foi a parar ás mans do Syngenta Seis do Nadal, que se impuxo na final aos locais (78 – 88) convertíndose tamén no Subcampión de Liga.
A Fase Final A4 da 1º División Masculina enfrontou ao propio anfitrión, C.B. Culleredo (3º clasificado da liga regular), Bosco Salesianos (2º clasificado), Baloncesto Cambre (4º clasificado) e Syngenta Seis do Nadal (5º clasificado).
Os catro equipos buscaron a segunda praza de ascenso a Liga EBA que outorgaba esta competición, correspondendo xa a primeira delas a VGO Basket, Campión Galego 2015 – 2016.
Os resultados oficiais para a cita desde sábado, con ledicia final para os vigueses de Seis do Nadal, foron:
Semifinal 1 (10:30 h)
C.B. Culleredo – Baloncesto Cambre (92 – 69)
Semifinal 2 (12:30 h)
Bosco Salesianos – Syngenta Seis do Nadal (70 – 94)
Final (18:30 h)
C.B. Culleredo – Syngenta Seis do Nadal (78 – 88)