Unha praza de ascenso a liga EBA ponse en xogo esta fin de semana e ao seu destino definitivo tomou rumbo a Cambre. Unha 1º División Masculina que xa coroara en pasadas datas a Obradoiro Silleda como o seu líder, buscou este domingo ao seu subcampión, enfrontando en Ferrol (Pavillón Javier Gómez Noya) aos dous vencedores das semifinais da FAse definitiva: Club Baloncesto Costa Ártabra, anfitrón da fase final; e Baloncesto Cambre.
Galería de Imaxes – Campións e Subcampións Ligas FGB 2018 – 2019
En dobre xornada, e baixo o formato de semifinais e final, competiron o propio BBCA Castelo San Felipe (2º clasificado Liga Regular), TOP QUALITY CARS Cambre (3º clasificado Liga Regular), CALVO Basquet Xiria (4º clasificado Liga Regular) e Universitario Campus Ourense (5º clasificado liga Regular). As semifinais do sábado permitiros aos locais optar ao soño do ascenso, posibilidade que tamén tiña ao seu alcance Cambre e que, finalmente, non deixou escapar nunha final que pode volver a vivirse vía FEGABATV.
Fase Final 1º División Masculina
Semifinais – 04/05/19
(18.00 h) BBCA Castelo San Felipe – Universitario Campus Ourense (X) (62 – 53)
(20.00 h) TOP QUALITY CARS Cambre – CALVO Basquet Xiria (Y) (78 – 63)
Final – 05/05/19
(17.00 h) BBCA Castelo San Felipe – TOP QUALITY CARS Cambre (53 – 75)