As Ligas de 1º División Infantil “PIZZA MÓVIL” rexistran ao seus campións oficiais. Co remate da Liga regular este pasado domingo, a competición, tanto en categoría feminina como masculina, asinou de forma oficial aos seus líderes, C.B. Arxil e Bosco Salesianos 2001, outorgándolles ademais unha praza directa no Campionato de España de Clubs.
Campións FGB 2014 – 2015: Galería de Imaxes
C.B. Arxil e Bosco Salesianos 2001, en feminino e masculino, respectivamente, pasan a engrosar así o palmarés FGB 2014-2015 de campións autonómicos, cedendo o protagonismo agora aos equipos que integrarán as Finais A4 de ambas as ligas “PIZZA MÓVIL”.
Estas dúas Fases Finais terán lugar esta mesma fin de semana, 23 e 24 de maio; con Basquet Coruña (masculino) e Pabellón Ourense (feminino) como organizadores. En xogo: dúas prazas para o Campionato de España Feminino e unha para o masculino.
O calendario que afrontarán os oito equipos clasificados para a ocasión remítese no documento que se achega.
Fase Final A4 “PIZZA MÓVIL” Infantil Masculino -23/05/15
Equipos: Basquet Coruña (2º clasificado), Sigaltec (3º), Instituto Rosalia (4º) E PBB “A” (5º).
Pavillón: Ventorrillo
Fase Final A4 “PIZZA MÓVIL” Infantil Feminino – 24/05/15
Equipos: Pabellón Ourense (2º clasificado), R.C.Celta Selmark (3º), Maristas Coruña (4º) e Pio XII FEDESA (5º).
Pavillón: O Pompeo- Otero Pedrayo