A 1º División Feminina Grupo 1A, competición organizada nesta temporada 2016 – 2017 pola Federación Galega de Baloncesto, e que conta tamén coa participación das Federacións Cántabra, Asturiana e Castelá Leonesa, presenta a actualización do listado oficial de equipos inscritos emitido o pasado 14 de xullo.
A obtención de praza en Liga Feminina 2 por parte de Universidade de Oviedo e ADBA provoca un novo listado de inscritos no que consta tamén unha nova vacante, praza para a cal os equipos interesados deben enviar a documentación pertinente antes do vindeiro 26 de xullo (13:00 h).
Campionato 1º División Feminina Grupo 1A – 2016 /2017 – (20/07/16)
1.- SAN ISIDRO – Valladolid
2.- SONDEOS NORTE MARISTAS – A Coruña
3.- UNIVERSIDAD SALAMANCA – Salamanca
4.- VENTANAS ARSAN ASTILLERO – El Astillero
5.- CAFETERIA CERVECERIA LA BIBLIOTECA INNOBASKET – Avilés
6.- UNIVERSIDAD LEON BF LEON – León
7.- C.B. FODEBA – Gijón
8.- FILIPENSES – Palencia
9.- ASCENSORES TRESA BASKETMAR – Gijón
10.- PIO XII ROSALIA – Santiago de Compostela (cesión Universidade Campus Ourense)
11.- UNAMI C.P. – Segovia
12.- GRUPO TIRSO IGUALATORIO CANTABRIA (Finalista Fase de Ascenso)
13.- MORANGRUPO LOURENZA – Lourenzá (Lugo)
Vacantes: 1