Deporte Galego

Centro de Tecnificación de Ámbito Autonómico: o ano 2001, protagonista

  • 21 Xaneiro 2014 |

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto promove, por primeira ocasión na actual temporada, o formato de Centro de Tecnificación de ámbito Autonómico.

Orientado desta volta aos xogadores e xogadoras nados no 2001, o departamento técnico da FGB presenta unha convocatoria baixo esta fórmula especial, que terá lugar este domingo, 26 de xaneiro, en Santiago de Compostela (Pavillón Lorenzo de la Torre).

Control e Seguimento son as principais claves da actividade, configurada como peche aos distintos CETIS Zonais realizados na temporada 2012 – 2013 con xogadores e xogadoras da indicada idade.

Cristino Menor Parra e Iago Rodríguez Palmeiro, en masculino e feminino, respectivamente, serán os adestradores encargados de dirixir os grupos de nenos e nenas convocados para a ocasión. Ambos, colaboradores habituais da FGB e bos coñecedores da dinámica dos CETIS, traballarán xunto a 16 xogadores e xogadoras cuxo nome e club de referencia poden consultarse no documento que se achega.

Cada bloque acometerá unha sesión de adestramento, establecida en función da categoría, aproveitando así o total de posibilidades deportivas tanto da instalación como de cada combinado. Os horarios establecidos para cada quenda establécense como segue:

GRUPO FEMININO 2001: 11:00 h a 13:30 h
GRUPO MASCULINO 2001: 16:30 h a 19:00 h

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence