Deporte Galego

Arxil Mafari Café, campión da Copa Galicia Autonómica Feminina

  • 18 Novembro 2013 |

A celebración este domingo, 17 de novembro, da Fase Final da Copa Galicia na súa categoría Autonómica Feminina puxo o broche definitivo ao palmarés da competición copeira nas súas categorías base.

C.B. Arxil conqueriu este domingo a súa terceira Copa Galicia da temporada. O equipo pontevedrés, que actuaba de anfitrión nesta primeira edición sénior feminina autonómica, completou dous encontros redondos, semifinal e final, os cales lle concederon a vitoria e a condición de “Rey de Copas” neste 2013. No seu haber figuran xa os trunfos nas categorías minibasket feminina, infantil feminina e a indicada sénior feminina. 

Copa Galicia Autonómica Feminina - (Pontevedra) 17/11/13 - Galería de Imaxes
Semifinais
Compañía de María Vigo – Plexus Cluny (46 – 36)
Arxil Mafari Café – Universitario Ferrol (86–66)

Final
Compañía de María Vigo – Arxil Mafari Café (41 - 51)

Campión: Arxil Mafari Café

Esta vitoria de Arxil Mafari Café pecha un palmarés de Copa Galicia que nesta 2013 – 2014 queda como segue:

Copa Galicia Sénior Masculina: Obradoiro CAB
Copa Galicia Sénior Feminina: Universitario Ferrol
Copa Galicia EBA: Baloncesto Narón

Copa Galicia Autonómica Feminina: Arxil Mafari Café
Copa Galicia Júnior Masculina: Marín Peixegalego
Copa Galicia Júnior Feminina: Celta Selmark

Copa Galicia Cadete Masculina: Baloncesto Narón
Copa Galicia Cadete Feminina: Peleteiro

Copa Galicia Infantil Masculina: Carballo Basket
Copa Galicia Infantil Feminina: C.B. Arxil

Copa Galicia Minibasket Masculina: Porriño Baloncesto Base
Copa Galicia Minibasket Feminina: C.B. Arxil

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence