Copa Galicia Infantil: Fases Finais en xogo esta fin de semana

Venres, 17 Octubre 2014 09:41

Chega a quenda da Fase Final para a Copa Galicia Infantil. Esta mesma fin de semana, sábado 18 e domingo 19 de outubro; as localidades de Ourense e Vigo, en categoría masculina e feminina, respectivamente; vivirán esta cita.

Fase Final Infantil Masculina

Bosco Salesianos “2001”, Estudiantes Lugo Leyma Natura, Sologas B.S. e Sigaltec protagonizan as semifinais en categorías masculina. Os seus encontros disputaranse ao longo da xornada do sábado no Pavillón de Salesianos, exercendo o propio A.D. Bosco como anfitrión e organizador da fase.

unnamed 2

Bosco Salesianos presentou a Fase Final en rolda de prensa. Respaldando o evento compareceron o Xefe de Servicio Provincial da Xunta de Galicia en Ourense, Mario Guede; o Director do Colexio Salesianos, Lupicinio Peña; e o Coordinador de A.D. Bosco Salesianos, "Sony" Vázquez. Xunto a eles estivo tamén a representante da Delegación FGB en Ourense, María Varela. 

Fase Final Infantil Feminina

O Pavillón de Navia (Vigo) será sede o domingo 19 da rolda decisiva da Copa Galicia Infantil en categoría Feminina. Con C.D. Bosco como encargado da xestión da competición, decidirase o campión deste 2014 entre R.C. Celta Selmark, Maristas Coruña, Ensino e Arxil Grupo Mas Costas.

cartel copa galicia imprenta 1

Os catro equipos participarán ademais, a iniciativa do propio club organizador, dunha xornada na que o deporte, e neste caso o baloncesto, achegará de novo o seu apoio a unha causa especial: o día internacional contra o cancro de mama, que se celebra nesa mesma data.

A continuación remitimos o calendario e designacións arbitrais correspondentes a cada Fase Final, remarcando que ambas se disputan baixo o formato de semifinais, 3º e 4º posto e final.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.