Deporte Galego

XXIX Copa Galicia Sénior Masculina: Rio Natura Monbus Obradoiro, campión

  • 14 Setembro 2014 |

Consulta aquí as estatísticas e resultado da final: 

Final - 14/09/2014 (13:00 h/ TVG) 

RIBEIRA SACRA BREOGAN LUGO - RIO NATURA MONBUS OBRADOIRO (59 - 74)

(7-16, 14-21, 21-17, 17-20)

Árbitros: Carlos Cortés, Jacobo Rial e Daniel Pazos.

Río Natura Monbus Obradoiro rubricou esta mañá de domingo en Lugo a súa quinta Copa Galicia consecutiva. O equipo de Moncho Fernández repetiu as imaxes das anteriores temporadas levantando unha Copa que nesta ocasión fixo súa vencendo a un intenso C.B. Breogán, que soubo manterse na loita.

O acerto exterior dos composteláns, da man especial de Alberto Corbacho (MVP do encontro con agasallo cortesía de "la Caixa"), foi unha das principais claves dun bloque que soubo frear as tentativas breoganistas de plantarlle cara.

O conxunto de Lisardo Gómez arrincou dubidativo e pagou esta situación ao longo de todo o partido, a pesares de crecer en ritmo e presentar a precisa resistencia en distintas fases e facetas do xogo. O trunfo semelleba soar con acento santiagués e así, precisamente, o reflectiu o marcador final (59 - 74).

IMG 8794

Rafa Luz, capitán obradoirista, recolleu a Copa Galicia de man do Vicepresidente FGB, José Manuel Villamarín; e do Delegado Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero.

Ambos equipos, que xa sabían o que era enfrontarse nunha final de Copa Galicia, buscaron darlle á competición o nivel que merece, axudados polas súas afeccións, constante apoio no Pazo dos Deportes durante todo o partido.

Ao remate do encontro, e coa Copa Galicia xa en dirección ás vitrinas de Obradoiro CAB, os xogadores do equipo da capital autonómica celebraron un novo título entre os deportivos aplausos do rival, desexándose mutuamente a mellor das sortes para as respectivas temporadas oficiais que en breve comezan.

IMG 8746

O capitán lucense, Daniel Pérez, recolleu o recoñecemento ao Subcampión de mans de Antonio Veiga, Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka