Deporte Galego

A Xira "Praza 2014" visita A Coruña

  • 22 Xullo 2014 |

O Programa 3x3 da FEB “Praza 2014” prosegue co seu camiño cara a Copa do Mundo e da man de Fernando Romay chega á cidade herculina o próximo 2 de agosto.

A celebración de “Praza 2014” en A Coruña será a perfecta antesala do encontro que a Selección Española Masculina disputará no Coliseum ante Canadá o 6 de agosto.

Logo da súa última escala na cidade de Pamplona, a xira “Praza 2014” recala en Galicia. O circuíto 3x3 continúa o seu periplo por toda a xeografía española e o vindeiro 2 de agosto será a cidade de A Coruña a encargada de acoller un evento onde se incentiva a práctica do deporte en categorías de formación.

A Federación Española de Baloncesto co apoio da FGB, o Concello de A Coruña e Básquet Coruña promoven a chegada, o vindeiro 2 de agosto, de “Praza 2014” á cidade coruñesa.

Coa Praza do Parrote como sede da actividade e co patrocinio de Caixabank, “Praza 2014” permitirá a todos aqueles afeccionados que o desexen tomar parte dunha competición amigable en formato “3x3”. Aberto a todas as categorías, dende sénior ata premini, o evento fará as delicias de todos os amantes do baloncesto, que estarán acompañados, ademais, por todo un referente galego e embaixador FEB, Fernando Romay.

Inscrición
A participación en “Praza 2014” debe solicitarse previamente vía mail. Os interesados en presentar un equipo “3x3” e desfrutar dos atractivos deste formato poden inscribirse, completamente de balde, ata o vindeiro 31 de xullo. Para facelo deben remitir vía mail o boletín oficial a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e acto seguido recibirán confirmación e quedarán listos para gozar de "Praza 2014” o vindeiro día 2 de agosto.

Traxectoria
Co gallo da celebración da Copa do Mundo de Baloncesto FIBA 2014, Praza 2014 é un circuíto de campionatos 3x3 que este ano percorrerá un total de 12 cidades de España para promocionar a práctica deste deporte. A primeira parada tivo lugar en Barcelona a primeira fin de semana de febreiro e, desde entón, o circuíto pasou por Plasencia, León, Logroño, Bilbao, Valencia, Madrid e, Pamplona para, logo da Coruña, recalar nas Palmas de Gran Canaria, Sevilla e poñer o broche final en Granada o 30 de agosto coincidindo co inicio da Fase Previa da cita mundialista.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka