O pasado venres, 17 de xullo; finalizaba o prazo de inscrición para competicións FEB. Entre estas competicións se atopa a 1ª División Nacional Feminina que, como xa anunciamos fai unhas semanas, este ano recupera a fórmula de participación conxunta das catro Federacións, de principio a fin.
Estos han sido os equipos que, unha vez comprobada a documentación polas respectivas Federacións, quedan inscritos e conformarán a 1ª División Nacional Feminina Grupo Norte 1-A.
Os dous grupos nos que se enmarcan os equipos quedan como segue:
GRUPO A (OESTE) GRUPO B (ESTE)
CODIGALCO CARMELITAS OURENSE LA PAZ TORRELAVEGA
PELETEIRO HYUPERSA SANTIAGO VENTANAS ARSAN
ARXIL MAFARI CAFE TIRSO IGUALATORIO
SEIS DO NADAL – COIA UNIVERSIDAD DE BURGOS-GJ AUTOMOTIVE
A.D. UNIVERSIDAD DE OVIEDO SAN ISIDRO
CDB FODEBA UNIVERSIDAD DE SALAMANCA
CAFETERÍA-CERVECERÍA LA BIBLIOTECA INNOBASKET C.D. UNIVERSIDAD DE VALLADOLID
UNIVERSIDAD DE LEON B.F. LEON PONCE VALLADOLID
PATATAS HIJOLUSA C.B. VILLAMURIEL
Ao non completar os 20 equipos que se contemplan nas Bases de Competición e ante interese amosado por algún club, amplíase o prazo de inscrición 10 días para intentar incorporar algún novo proxecto que redondee aa competición (máximo dous novos equipos).
Os mellores de cada grupo xogarán eliminatorias en cruz ata chegar á gran final que determinará o campión que logrará a clasificación directa á fase de ascenso á liga feminina 2.
Outra meta que nos marcamos para esta competición foi a de mellorar a chegada e visibilidade. Dentro das medidas tendentes a conseguir este obxectivo, presentamos o novo logo da 1ª División Nacional Feminina (Grupo Norte 1-A), imaxe que irá en todas as comunicacións e poderá empregarse polos clubs para lograr unha mellor identificación visual da competición.