Axenda anual de traballo para o Programa de Tecnificación e Preseleccións Galegas

A Área Deportiva FGB dá a coñecer, de xeito oficial, a temporalización de traballo do seu Plan de Tecnificación e da axenda particular das Preseleccións Cadetes, as únicas actualmente en activo.

Tecnificación
O Calendario previsto para as distintas actividades zonais e autonómicas no marco do Programa de Tecnificación esténdese nesta 2014 – 2015 entre os meses de outubro e xuño, cubrindo nesta marxe, e entre as diferentes categorías (minibasket, infantil e cadete), un total de 30 CETIS.

Preselección Galega
Os combinados autonómicos dirixidos por César Iglesias e Pepe Vázquez, en masculino e feminino, respectivamente; acometeron esta pasada fin de semana a primeira concentración dun núcleo de cinco convocatorias a través das cales percorrerán o camiño cara ao Campionato de España (xaneiro 2015). As súas citas cos adestramentos e a preparación irán coñecendo sede e datos concretos a medida que se vaian xerando.

A continuación achegamos os dous documentos oficiais cos ambas as Programacións, indicando que estas non están exentas de sufrir modificacións de existir causas que o xustifiquen.

Programa Tecnificación 2014 – 2015: datas.
Preseleccións Galegas Cadetes: datas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram