Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

competicións

Fase Final Provincial Infantil Masculina 22/04/2010

Este sábado, 24 de abril, a localidade de Barreiros acollerá no seu pavillón municipal a Fase Final do Campionato Provincial en categoría infantil masculina.

Nesta decisiva etapa da competición participarán os catro equipos mellor clasificados dende a Liga Regular os cales loitarán polo título nunha intensa xornada que se disputará baixo o formato de "final a catro".

En horario de mañá disputaranse as semifinais. En primeira instancia terá lugar o encontro entre Martínez Otero de Foz e o Sarria MGR. Posteriormente será a quenda do encontro entre os rapaces do Cidade de Lugo 97 e os, ata o de agora invictos e xa clasificados para a próxima edición da Copa Galicia, xogadores do Tigres Specific.

Xa pola tarde terán lugar o terceiro e cuarto posto e, seguidamente, a gran final que se prevé que será unha bonita festa que poña o broche de ouro ao actual curso baloncestístico.

Destacar que este evento, incluído dentro do programa "Deporte Escolar", conta coa organización da Agrupación Deportiva "A Mariña", o Concello de Barreiros, o Servizo Provincial de Deportes da Secretaría Xeral da Xunta de Galicia y a Delegación Lucense da Federación Galega de Baloncesto, cuxos representantes está previsto que acudan a presenciar os diferentes partidos.

A xornada culminará coa entrega de trofeos ao campión e ao subcampión, así como a entrega de medallas aos catro conxuntos participantes.


© Federación Galega de Baloncesto 2007