Estratexia de sustentabilidade
Entendemos a sustentabilidade da FGB como un plano de longo prazo que establece unha coherencia directa entre a nosa identidade e as accións planeadas no marco dunha dirección estratéxica deseñada especialmente para contribuír no cumprimento dos obxectivos identitarios da FGB.
Tanto os resultados directos das nosas actuacións como os indirectos deben favorecer a visibilización da FGB e do baloncesto como unha ferramenta con obxectivos e idearios que van máis aló da práctica do deporte.
Entendemos o baloncesto como unha ferramenta de acción social e a FGB quérese converter nun axente de cambio. O fluxograma que se presenta á marxe conceptualiza a visión operativa dende unha perspectiva de sustentabilidade para a FGB, tal e como se vén de definir.
En resumo, da nosa identidade como FGB deben emanar as actividades que transmitirán o noso posicionamento identitario contribuíndo a través dos resultados operativos de curto prazo ao logro dos obxectivos que dan sentido á propia existencia da FGB. A eficacia e eficiencia do noso empeño dependerá en grande medida da capacidade que demostremos para implicar a terceiros axentes relevantes nos seus eidos e ao público en xeral.
As relacións externas cobran grande importancia neste ambicioso proxecto de levar o baloncesto galego ao máximo desenvolvemento do seu propio potencial. Isto require que a organización e estrutura da FGB se centre en dous eixos básicos: a visibilización das actuacións e actividades propias; e a implicación real no traballo por obxectivos compartidos con outras organizacións e institucións. Ou, o que vén ser o mesmo, a comunicación e o establecemento de partenariados.
Estratexia de sustentabilidade