Deporte Galego

O CAD Manuel Peleteiro - FGB despide a temporada

  • 19 Xuño 2019 |

O "CAD Manuel Peleteiro - FGB" pon o peche este sábado, 22 de xuño; ao seu primeiro ano de vida. Os 32 alumnos deste Ciclo Inicial de Grado Medio que  Federación Galega de Baloncesto e o Colexio Manuel Peleteiro puxeron en marcha nesta temporada, vivirán a súa xornada final do curso cunha nova sesión formativa con dous protagonistas diferenciados.



Da man de Martina Ares, Pedagoga e profesora da Universidade de Vigo; e Miguel Angel Hoyo, Adestrador Baskonia (LEB PLATA); os integrantes do CAD serán partícipes de dúas charlas de temática concreta que se estenderán ao longo da mañá:


(10.30 h) Martina Ares (Pedagoga e profesora da Universidade de Vigo): "Inclusión dos TDH no adestramento"
(11.45 h) Miguel Angel Hoyo (Adestrador Baskonia- LEB PLATA): "Construcción táctica ofensiva en formación".


Estas dúas intervencións, nas que haberá tempo para compartir impresións e presentar dúbidas, clausurarán a actividade do vixente curso e darán paso a unha breve presentación do que será a vindeira temporada para o CAD, etapa que xa mantén ABERTO O SEU PRAZO DE INSCRICIÓN. 


Convidados de excepción
Todos aqueles alumnos e alumnas que na presente temporada 2018 - 2019 tomaran parte dos cursos de iniación FGB están convidados a participar nesta xornada de clausura, na cal poderan, ademais de participar nas charlas e coñecer os detalles do novo curso escolar do CAD, validar a súa presenza por un total de 6 horas de formación complementaria.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka