Deporte Galego

O"All Star" FGB recala en Noia

  • 19 Febreiro 2020 |

O “All Star" FGB chega á vila de Noia para celebrar a súa sétima edición consecutiva, este ano coa xeración 2007 como referente. Este sábado, 22 de febreiro, e grazas á colaboración de CB Noia e concello local, o Pavillón Municipal Alonso Rodríguez acollerá esta actividade que combina traballo de avaliación e tecnificación con competición amigable, e cuxos protagonistas serán un total de 20 xogadores e 20 xogadoras de toda Galicia convocados pola Área Deportiva FGB.

Os 40 deportistas citados realizarán adestramentos a porta pechada en horario de mañá, e aproveitarán a tarde para completar un programa de dobre enfrontamento de entrada libre:

16.30 h - Encontro All Star Feminino 2017
18.30 h All Star Masculino 2017

As listas de xogadores e xogadoras citados para este "All Star" FGB poden consultarse nos documentos que achegamos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka