O circuíto Praza 3x3 organizado pola FEB e co apoio de CaixaBank e Federación Galega de Baloncesto chegou este sábado a Santiago na súa duodécima parada do ano. A mítica praza compostelá, encheuse para vivir o evento de referencia do baloncesto 3x3 en España. Preto de 500 xogadores, e uns 7500 asistentes déronse cita para gozar ao lado máis lúdico do deporte da canastra .

O embaixador do evento foi a lenda do baloncesto español e galego, Fernando Romay, que dirixiu un clinic onde amosou distintas habilidades do xogo e organizou diferentes concursos para os asistentes, incluído os peregrinos que viron como o seu camiño acababa na festa do baloncesto.

A XXXI edición da Copa Galicia Sénior Masculina comeza esta mesma tarde de xoves, 8 de setembro; co enfrontamento inicial da Fase Previa entre Marín Peixe Galego e Básquet Coruña. Ambos equipos son os encargados de dar saída a unha competición que este ano celebrará a súa Fase Final na vila de Noia a fin de semana do 24 e 25 de setembro.

Clínic arbitral de pretamporada 2016-17

Martes, 30 Agosto 2016 09:16

O Comité Galego de Árbitros convoca o seu Clínic de Pretemporada para os días 3 e 4 de setembro, aos colexiados galegos adscritos ao Grupo 1 FGB e Grupo Sub 23 FGB que comparecerán en Marín.

O Comité Galego de Árbitros fai públicas as listas de árbitros dos seus Grupo 1 e Grupo SuB 23 para a actual temporada 2016 - 2017.

Rematado o prazo oficial, marcado para o xoves, 28 de xullo (13:00 h), a Federación Galega de Baloncesto comunica os listados dos equipos debidamente inscritos nas Ligas FGB 2016 - 2017 de 1º División Masculina, 1º División Autonómica Feminina e 2º División Sénior Masculina.

Esta nova edición será puntuable para o I Circuito Galego 3x3 e para o FIBA Planet 3x3, cuxa Fase Final terá lugar en Santiago de Compostela (Praza da Quintana) o vindeiro 10 de setembro. 

Como en edicións anteriores haberá tres categorías: minibásquet, infantil/cadete e júnior/sénior. A temporada pasada participaron un total de 47 combinados no evento.

CaixaBank e a Federación Española de Baloncesto (FEB), coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e Tiro Libre SCQ, traen a Santiago de Compostela, o vindeiro 10 de setembro, o Circuíto praza 3x3, evento aberto á participación de todos os equipos que o desexen, comprendendo categorías masculinas e femininas desde preminibasket (6 - 8 anos) ata sénior (a partir de 18 anos).

Como é xa unha tradición, a Casa dá Cultura ADR Castelao foi o escenario escollido pola ADC Espeto para a posta en escena do seu torneo dedicado ao baloncesto 3on3. O XVI 3on3 Carneiro ó Espeto deu o seu pistoletazo de saída cunha presentación cargada de sorpresas e emocións para todos os asistentes, pero especialmente para o padriño desta edición, Javier Llorente.

A 1º División Feminina Grupo 1A, competición organizada nesta temporada 2016 - 2017 pola Federación Galega de Baloncesto, e que conta tamén coa participación das Federacións Cántabra, Asturiana e Castelá Leonesa, presenta a actualización do listado oficial de equipos inscritos emitido o pasado 14 de xullo.

A 1º División Feminina Grupo 1A, competición organizada nesta temporada 2016 - 2017 pola Federación Galega de Baloncesto, e que conta tamén coa participación das Federacións Cántabra, Asturiana e Castelá Leonesa, publica o seu listado oficial de equipos inscritos:

A Copa Galicia de Baloncesto Sénior Feminina celebra este ano a súa XXX edición vinculando competición e homenaxe.

O baloncesto feminino galego está de noraboa. A súa competición copeira por excelencia, a Copa Galicia, cumpre 30 anos e para celebralo a Federación Galega aposta por un evento multidisciplinar que terá como escenario a cidade de Vigo.

XXX Copa Galicia Sénior Feminina - calendario

Presentado o "I Memorial Paco Araujo"

Mércores, 07 Setembro 2016 16:26

(Info: celtabaloncesto.com) Na mañá deste mércores, e grazas ás facilidades do Real Club Celta S.A.D., o Estadio Municipal de Balaidos foi escenario da presentación do "I Memorial Paco Araujo". En homenaxe ao que foi durante quince anos (2001-2016) presidente do RC.Celta- Bosco, o vindeiro 24 de Setembro o Pavillón de Navia albergará desde primeira hora da mañá, un Torneo autonómico de Minibasket Feminino, coa presenza de seis clubs relevantes do baloncesto galego.

CGAB: Listas de Oficiais ACB e FEB

Mércores, 10 Agosto 2016 09:02

O CGAB fai pública a lista de oficiais de mesa que participarán na tempada en vigor en competicións ACB e FEB (LEB oro y plata, Liga femenina, femenina 2 e EBA).

Rematado o prazo oficial, marcado para o xoves, 28 de xullo (13:00 h), a Federación Galega de Baloncesto comunica, vía circular oficial, o listado de equipos inscritos nas Ligas FGB 2016 - 2017 de 1º División Júnior, Cadete e Infantil e Fases Clasificatorias Júnior Cadete e Infantil.

Esta nova edición será puntuable para o I Circuito Galego 3x3 e para o FIBA Planet 3x3, cuxa Fase Final terá lugar en Santiago de Compostela (Praza da Quintana) o vindeiro 10 de setembro. 

Como en edicións anteriores haberá tres categorías: minibásquet, infantil/cadete e júnior/sénior. A temporada pasada participaron un total de 47 combinados no evento.

O Comité Galego de Árbitros contará con tres árbitros galegos no grupo 1 FEB, máximo status Federativo, na temporada 2016 - 2017. Os colexiados Adrián Iglesias e Guillermo Ríos ascenden a esta categoría, situación que se suma á continuidade na mesma de Daniel Pazos.

Os colexiados galegos Miguel Ángel Pérez e Carlos Cortés figuran de novo nas designacións FIBA de cara ao clasificatorio para o Europeo 2017. Esta rolda previa á gran cita deportiva do ano que vén terá lugar o vindeiro mes de setembro e na mesma estarán presentes ambos os dous colexiados.

A aposta FGB para a súa canle de Youtube “FGBRetransmisións presenta a súa cuarta edición, coa que pecha o pano da temporada 15 - 16. 

Chega o "3x3 Boiro SCQ"

Martes, 19 Xullo 2016 09:30

Chega unha nova oportunidade de participar no “I Circuito Galego 3x3 Streetball”, organizado por “Tiro Libre SCQ” coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto.

Este mesmo sábado, 23 de xullo, celébrase o 3x3 Boiro SCQ na indicada localidade de Boiro, destinado ás categorías Infantil, Cadete e Sénior masculino e feminino.

XVI “3 on 3 Carneiro ó Espeto”

Xoves, 14 Xullo 2016 10:25

A A.D.C. Espeto activa a décimosexta edición do seu xa tradicional 3x3 “Carneiro ó Espeto”, cita que neste 2016 rexistrase como puntuable para o “I Circuito Galego 3x3 FIBA PLANET”

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.