O Concello de Noia acolleu este mediodía a posta de longo da Fase Final da XXXI Edición da Copa Galicia Sénior Masculina. O seu Alcalde, Santiago Freire; arroupado polo Concelleiro Deportes, Ramón Santos; e polos representantes do C.B. Noia; deu a benvida a unha nova edición da Copa, competición da que a vila xa foi sede en 2011.

O Presidente FGB, Francisco Martín; e o Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en A Coruña, Roberto García; compartiron tamén esta posta en marcha. Xunto a eles, representando a Obradoiro CAB, finalista directo neste 2016; estiveron o seu novo ala - pívot, Nacho Llovet; e parte do seu equipo directivo.

C.D. San Ciprián, coa colaboración da Federación galega de Baloncesto e Concello de Cervo, realiza unha aposta pola formación dos técnicos galegos. O club lucense pon en marcha o seu “I Clínic San Ciprián – Baloncesto”, a celebrar o vindeiro un de outubro no Pavillón da Veiga.

A Federación galega de Baloncesto da un paso máis na súa capacidade formativa. Neste mes de setembro estrea o seu propio "CAMPUS FORMATIVO ONLINE", un novo espazo no que ofrecer múltiples opcións de aprendizaxe ás diferentes áreas que integran o Baloncesto Galego.

A XXX edición da Copa Galicia Sénior Feminina celebrou esta mañá en Vigo, na Sede da Deputación de Pontevedra; a súa presentación oficial. 

Da man da Presidenta da Deputación, Carmela Silva; e co respaldo do Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, Isa Sánchez, como embaixadora da Federación Española de Baloncesto e do proxecto “Universo Mujer”; e o Presidente da FGB, Francisco Martín; a 30 edición do torneo copeiro arrincou entre os mellores desexos de que o vindeiro sábado 17, día de celebración da mesma, sexa toda unha festa.

A Copa Galicia de Baloncesto Sénior Feminina celebra este ano a súa XXX edición vinculando competición e homenaxe.

O baloncesto feminino galego está de noraboa. A súa competición copeira por excelencia, a Copa Galicia, cumpre 30 anos e para celebralo a Federación Galega aposta por un evento multidisciplinar que terá como escenario a cidade de Vigo.

XXX Copa Galicia Sénior Feminina - calendario

Presentado o "I Memorial Paco Araujo"

Mércores, 07 Setembro 2016 16:26

(Info: celtabaloncesto.com) Na mañá deste mércores, e grazas ás facilidades do Real Club Celta S.A.D., o Estadio Municipal de Balaidos foi escenario da presentación do "I Memorial Paco Araujo". En homenaxe ao que foi durante quince anos (2001-2016) presidente do RC.Celta- Bosco, o vindeiro 24 de Setembro o Pavillón de Navia albergará desde primeira hora da mañá, un Torneo autonómico de Minibasket Feminino, coa presenza de seis clubs relevantes do baloncesto galego.

CGAB: Listas de Oficiais ACB e FEB

Mércores, 10 Agosto 2016 09:02

O CGAB fai pública a lista de oficiais de mesa que participarán na tempada en vigor en competicións ACB e FEB (LEB oro y plata, Liga femenina, femenina 2 e EBA).

Rematado o prazo oficial, marcado para o xoves, 28 de xullo (13:00 h), a Federación Galega de Baloncesto comunica, vía circular oficial, o listado de equipos inscritos nas Ligas FGB 2016 - 2017 de 1º División Júnior, Cadete e Infantil e Fases Clasificatorias Júnior Cadete e Infantil.

Esta nova edición será puntuable para o I Circuito Galego 3x3 e para o FIBA Planet 3x3, cuxa Fase Final terá lugar en Santiago de Compostela (Praza da Quintana) o vindeiro 10 de setembro. 

Como en edicións anteriores haberá tres categorías: minibásquet, infantil/cadete e júnior/sénior. A temporada pasada participaron un total de 47 combinados no evento.

O Comité Galego de Árbitros contará con tres árbitros galegos no grupo 1 FEB, máximo status Federativo, na temporada 2016 - 2017. Os colexiados Adrián Iglesias e Guillermo Ríos ascenden a esta categoría, situación que se suma á continuidade na mesma de Daniel Pazos.

Federación Galega de Baloncesto, C.B. Noia e Concello de Noia, colaboradores directos na organización da “XXXI Copa Galicia Sénior Masculina”, comunican a súa decisión de modificar o horario inicialmente previsto para a Final da Copa (21.00 h, domingo, 25 de setembro. Pavillón Municipal Rosalía de Castro) establecéndoo, definitivamente, nas 19.30 h.

A XXXI Copa Galicia Sénior Masculina chega a Noia esta fin de semana para celebrar a súa XXXI edición. Concello local e C.B. Noia organizan esta Copa Galicia 2016, a cal xa ten dispoñibles para a venda as súas entradas.

Consulta a continuación o resultado e estatísticas da Final da XXX Copa Galicia Sénior Feminina, encontro que protagonizaron Kemegal Cortega e Star Center Universitario Ferrol (17/09/16 - 19-30 h. Pavillón de Navia. Vigo), con trunfo para o equipo que dirixe Lino López.

Galería de Imaxes - Final: Star Center - Universitario Campus Ourense

XXX Copa Galicia Sénior Feminina - Veteranas: Galicia Norte - Galicia Sur

XXX Copa Galicia Sénior Feminina - Homenaxe

O circuíto Praza 3x3 organizado pola FEB e co apoio de CaixaBank e Federación Galega de Baloncesto chegou este sábado a Santiago na súa duodécima parada do ano. A mítica praza compostelá, encheuse para vivir o evento de referencia do baloncesto 3x3 en España. Preto de 500 xogadores, e uns 7500 asistentes déronse cita para gozar ao lado máis lúdico do deporte da canastra .

O embaixador do evento foi a lenda do baloncesto español e galego, Fernando Romay, que dirixiu un clinic onde amosou distintas habilidades do xogo e organizou diferentes concursos para os asistentes, incluído os peregrinos que viron como o seu camiño acababa na festa do baloncesto.

A XXXI edición da Copa Galicia Sénior Masculina comeza esta mesma tarde de xoves, 8 de setembro; co enfrontamento inicial da Fase Previa entre Marín Peixe Galego e Básquet Coruña. Ambos equipos son os encargados de dar saída a unha competición que este ano celebrará a súa Fase Final na vila de Noia a fin de semana do 24 e 25 de setembro.

Clínic arbitral de pretamporada 2016-17

Martes, 30 Agosto 2016 09:16

O Comité Galego de Árbitros convoca o seu Clínic de Pretemporada para os días 3 e 4 de setembro, aos colexiados galegos adscritos ao Grupo 1 FGB e Grupo Sub 23 FGB que comparecerán en Marín.

O Comité Galego de Árbitros fai públicas as listas de árbitros dos seus Grupo 1 e Grupo SuB 23 para a actual temporada 2016 - 2017.

Rematado o prazo oficial, marcado para o xoves, 28 de xullo (13:00 h), a Federación Galega de Baloncesto comunica os listados dos equipos debidamente inscritos nas Ligas FGB 2016 - 2017 de 1º División Masculina, 1º División Autonómica Feminina e 2º División Sénior Masculina.

Esta nova edición será puntuable para o I Circuito Galego 3x3 e para o FIBA Planet 3x3, cuxa Fase Final terá lugar en Santiago de Compostela (Praza da Quintana) o vindeiro 10 de setembro. 

Como en edicións anteriores haberá tres categorías: minibásquet, infantil/cadete e júnior/sénior. A temporada pasada participaron un total de 47 combinados no evento.

CaixaBank e a Federación Española de Baloncesto (FEB), coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e Tiro Libre SCQ, traen a Santiago de Compostela, o vindeiro 10 de setembro, o Circuíto praza 3x3, evento aberto á participación de todos os equipos que o desexen, comprendendo categorías masculinas e femininas desde preminibasket (6 - 8 anos) ata sénior (a partir de 18 anos).

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.