A “Master Senior League” comezou con forza en Vilagarcía co primeiro día dunha tempada na que ata 13 equipos e case noventa xogadores competirán nunha iniciativa que a Federación Galega de Baloncesto promove para estenderse a diferentes localidades da comunidade. Actualmente, trátase da única liga de baloncesto para veteranos da modalidade 3x3, e ten a súa base en Vilagarcía (Multiusos de FEXDEGA),baixo a organización da ADC EncestaRías.

Doce. Ese é o numero de Copas Galicia que dende a noite deste mércores conta no seu haber o Cafés Candelas Breogán tras impoñerse na final da edición 2018 ante Monbus Obradoiro. Nun encontro que regalou incertidume ata o final, os lucenses sumaron un trofeo que os manten como líderes históricos no Palmarés da Copa Galicia. Parabens!

Galería de Imaxes - Final Copa Galicia

 

Terceira convocatoria da temporada para o formato presencial no ámbito dos cursos de iniciación. A realizar en cada unha das sete delegacións xeográficas da FGB, impartiranse ao longo dos meses de novembro e decembro un total de sete cursos, todos de acceso aberto e gratuíto

As Preseleccións Galegas en categoría Infantil e Cadete acometen nesta ponte festiva a que será a súa única convocatoria programada para o vixente mes de outubro.

A única competición de veteranos de baloncesto en formato 3x3 en toda Galicia, a Master Senior League, volverá contar co apoio da Federación Galega os próximos dous anos grazas ao convenio asinado este martes entre ambas as partes en Vilagarcía, estando representadas ambas polos seus máximos responsables Francisco Martín, presidente da FGB, e Diego Doval, presidente de EncestaRías.

A Fase clasificatoria da 1º División Infantil FGB celebra este sábado, 6 de outubro; en Compostela a súa rolda decisiva. Con dous pavillóns como sede, Pontepedriña e Fontiñas; repartirase o xogo por categoría masculina e feminina, respectivamente; con seis equipos femininos e catro masculinos buscando facerse coas tres prazas de ascenso que se poñen en xogo en cada caso.

Fase Previa 1º División Infantil FGB: resultados e clasificación

O Comité Galego de Árbitros activa neste mes de outubro a segunda convocatoria da temporada 2018 – 2019 orientada á formación online en iniciación para novos árbitros e oficiais de mesa. 

O Pavillón da Malata en Ferrol volveu a acoller Baloncesto ao máis alto nivel máis de vinte anos despois coa final da XXXII edición da Copa Galicia Sénior Feminina, celebrada este domingo na pista do pavillón Ferrolá, e qie convertiu a Durán Maquinaria Ensino no novo campión da Copa Galicia, a segunda da súa historia.

 

A XXXII Copa Galicia Sénior Feminina viviu este venres en Ferrol a disputa das súas semifinaisBaixo a organización de BAXI Ferrol e Concello local, o Pavillón da Malata convertiuse na sede de dous encontros protagonizados por Durán Maquinaria Ensino e R.C. Celta Baloncesto (18.00 h) e A.D. Cortegada e o propio BAXI Ferrol (20.15 h). Ambos os duelos, que puideron seguirse en directo grazas á canle oficial da Federación Galega de Baloncesto en YouTube, viñeron marcados pola igualdade e unha loita moi parexa por facerse cun oco na final deste domingo (12.00 h. Pavillón da Malata).

Federación Galega de Baloncesto, Universitario Ferrol e Concello de Ferrol presentaron esta mañá a Fase Final da XXXII edición da Copa Galicia Sénior Feminina. 

Copa Galicia Feminina - Palmarés

XXXII Copa Galicia Sénior Feminina - Resultados Fase Previa 

27 novos talentos da arbitraxe iniciaron o venres, 26 de outubro; en Compostela unha nova aventura formativa. 4 colexiadas e 23 colexiados de diferentes puntos de Galicia, todos entre os 14 e o 23 anos de idade, estrearon curso na Escola Galega de Árbitros de Baloncesto (ESGAR), proxecto que neste 2018 cumpre o seu cuarto ano de vida.

Presentación ESGAR 2018 - 2019: Galería de Imaxes

A Master Senior League arrincou este xoves o que é o seu sexto ano de existencia. A competición de 3x3 para xogadores de máis de 30 anos non federados volveu á carga cun total de 13 equipos e preto de 90 xogadores repartidos nas súas filas.

O CAD Peleteiro FGB vive o seu primeiro mes de formación a pleno rendemento. O ciclo inicial de grado medio para a formación en Baloncesto que Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro arrincaron con éxito nesta temporada 2018 – 2019 está a establecer as súas sólidas bases da man de 33 alumnos e un completo cadro de profesores.

Regresa a “Xuntanza Minibasket”

Xoves, 11 Octubre 2018 08:14

A Área Deportiva FGB renova a confianza unha temporada máis no formato “Xuntanza”, destinado ao traballo de seguimento e tecnificación concentrando a categoría minibasket durante unha xornada en sede autonómica única.

Copa Galicia EBA: CB Chantada, Campión

Sábado, 06 Octubre 2018 08:55

O Polideportivo Municipal de Chantada acolleu este sábado a final da edición 2018 da Copa Galicia EBA, encontro protagonizado por Santo Domingo Betanzos e UCOGA Seguros CB Chantada, asinando este último a súa vitoria e o seu conseguinte título copeiro xogando en casa.

A Copa Galicia Júnior centrou a atención esta primeira fin de semana de outubro. A Fase Final desta competición, tanto en categoría feminina como masculina; repartiu xogo nas cidades de Vigo e Lugo baixo a organización de CD Bosco e Estudiantes Lugo, respectivamente.

Campións FGB 2018 - 2019: galería de imaxes

A Copa Galicia EBA toma o relevo inmediato da categoría feminina e desputará a súa final este sábado, 6 de outubro. Unha vez completada esta fin de semana a FASE PREVIA, e tras tres xornadas de competición en dous grupos, CB Chantada e Santo Domingo Betanzos convírtense en finalistas e protagonistas dun encontro que terá lugar na propia vila de Chantada.

As Fases Previas da Ligas de 2º División Júnior e Cadete FGB disputan a súa rolda final este sábado, 29 de setembro. A cita será en Santiago de Compostela, repartindo o xogo nos Pavillóns de Fontiñas (categoría feminina) e Pontepedriña (categoría masculina).

 

A Federación Galega de Baloncesto busca incrementar a súa Área de Saúde. Este departamento, tan necesario dentro da dinámica federativa, activa a posibilidade de recibir novos colaboradores.

A colexiada CGAB Laura Piñeiro Amondaray estará presente na Supercopa Liga Dia, encontro que terá lugar o vindeiro 10 de outubro con Perfumerías Avenida e Spar CityLift Girona como protagonistas (Pavillón Municipal de Würzburg. Salamanca. 21.00 h)

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.