Confirmadas as Seleccións Galegas definitivas que representarán a Galicia no Campionato de España Infantil e Cadete, cita a celebrar en Huelva entre os vindeiros días dous e sete de xaneiro de 2017.

A FGB atópase inmersa de cheo estes días no Curso de Nivel 2 para Adestradores, encabezado este polo director da Área Deportiva FGB, Carlos Colinas, e que está a realizar a súa fase non presencial e a posterior presencial neste mes de decembro.

Campus "Lago de As Pontes 2016"

Xoves, 15 Decembro 2016 10:06

(info: CB As Pontes) Xa está aquí unha nova edición, a sexta no tempo; do Campus Lago das Pontes, organizado polo Club Baloncesto As Pontes coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto. 

O Comité Galego de Árbitros e Special Olympics Galicia activan o I Curso de formación para árbitros destinados a dirixir actividades organizadas por Special Olympics Galicia, orientadas estas a persoas con discapacidade intelectual da nosa Comunidade Autónoma.

A adhesión de forzas entre ambas as entidades iníciase este mes de decembro como punto de partida para máis actividades futuras en conxunto.

Un ano máis, e xa van sete compartindo xuntos esta experiencia creativa, a FGB por en marcha o seu Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal”, co obxectivo de atopar a postal que felicitará as festas a todos os federados e afeccionados ao baloncesto en Galicia.

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, en colaboración coa Diputación Provincial de Lugo e a Federación Galega de Baloncesto, promove o "I Circuíto Provincial Precadete Masculino", competición que se inaugura este sábado, 3 de decembro; na vila de Láncara (Pavillón Municipal Pobra de San Xiao) co obxectivo de fomentar a práctica do baloncesto en concellos onde non é de práctica habitual entre escolares implicar na mesma a clubs e xogadores da provincia lucense.

A Área Deportiva FGB dá a coñecer os primeiros detalles da que será a sexta edición do seu claustro docente FGB, con convocatoria marcada para o vindeiro domingo, 4 de decembro, na localidade de Porriño (Polideportivo Municipal, de 10:30 h a 20:00 h), coa colaboración do Concello local e do Club Porriño Baloncesto Base. 

Galicia, de novo presente nas designacións oficiais FEB para os Campionatos de España de clubs. A categoría infantil visitará a nosa Comunidade nesta temporada 2016 - 2017, e farao por partida dobre, con escenarios aínda por confirmar, tras a exitosa celebración o pasado ano destas citas nas localidades de Lugo e Sarria (masculino) e Porriño e Tui (feminino).

A aposta da FEB por Galicia como organizadora dos nacionais de clubs desta categoría esténdese tamén ás temporadas 2017-2018 e 2018-2019.

(Info: CB Sarria) Gran ambiente no Novo Pavillón do Chanto de Sarria para presenciar a final da Copa Galicia de 1º División Autonómica feminina, celebrada este domingo, 13 de novembro; pechando así o ciclo competitivo copeiro da presente temporada 2016 - 2017. 

O Departamento de Adestradores da FGB continúa nestas datas a realizar a fase non prencial do Curso de Nivel II para adestradores, convocatoria iniciada o pasado mes de novembro e que será a derradeira baixo a estrutura didáctica actual. 

(Info: Universitario Ferrol) O Universitario de Ferrol presenta a 33ª edición do seu "Torneo de Minibasket 3×3", unha cita que terá lugar durante o xoves 22 e o venres 23 de decembro no Polideportivo de Esteiro. 

Club Baloncesto Nigrán e Federación Galega de Baloncesto están inmersos na organización da III edición do Torneo Solidario "Encesta un Alimento" que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Panxón os días 22 e 23 de Decembro.

Máis de 20 clubs, con máis de 60 equipos xa confirmaron a súa asistencia ao evento. Trátase do torneo máis grande organizado polo club nigraniense que encherán de baloncesto a localidade durante dous días.

As preseleccións galegas Mini cumpren un paso máis da súa programación anual. Os dous combinados a cargo de Fernán Varela, en feminina; e Javier Cotelo, en categoría masculina; reuniranse de novo na Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro) esta mesma fin de semana, 10 e 11 de decembro.

Galicia Cadete e Infantil cítase coa competición. Aproveitando esta fin de semana, 10 e 11 de decembro; e viaxando a diferentes sedes en función da categoría masculina ou feminina, os catro combinados autonómicos destas categorías, aínda na súa fase de Preselección, formarán parte do cadro de dous torneos amigables organizados polas Federacións Vasca e Asturiana.

Aberto o proceso de inscrición para o V Curso de Iniciación “ON LINE” para árbitros e oficiais de mesa, convocatoria didáctica que comezará o vindeiro 14 de decembro.

A Área Deportiva FGB abre esta mesma semana o seu derradeiro Curso de Nivel II para adestradores, cita que despedirá o sistema formativo FGB existente ata este ano 2016.

A Federación Galega de Baloncesto, representada polo seu Presidente, Francisco Martín; e Director Técnico de Árbitros; Miguel Ángel Pérez; compartiron na tarde do luns, 21 de novembro, xuntanza cos clubs da zona de A Mariña.

Terceira cita con carga de traballo para as Preseleccións Galegas Minibasket do total das 12 convocatorias que a Área deportiva FGB ten programada para esta categoría na presente temporada.

O Comité Galego de Árbitros renova a súa aposta pola captación. O colexio arbitral da FGB, da man de CaixaBank como seu principal patrocinador, inaugurou este luns, 7 de novembro; o seu proxecto de detección de árbitros e oficiais de mesa, unha campaña que visitará preto dun centenar de colexios de toda Comunidade Autónoma para conversar cos estudantes sobre baloncesto e arbitraxe.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.