O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, árbitro ACB e FIBA, Miguel Ángel Pérez Pérez, sumou este domingo unha nova presenza internacional á súa traxectoria como colexiado: a súa participación, en Ljubljana, na Final do Campionato de Europa Masculino U20.

 

A Ruta "Ñ" chega a A Coruña

Venres, 20 Xullo 2012 00:00

A Selección Española Masculina afronta esta noite en A Coruña (Coliseum, 22.15 h. Con cheo asegurado) un apaixonante encontro ante a potente Arxentina enmarcado dentro da súa ruta de preparación para os Xogos Olímpicos de Londres.

A 1º División Feminina xa ten calendario

Mércores, 18 Xullo 2012 00:00

A Federación Galega de Baloncesto, organizadora directa nesta temporada 2012 - 2013 do XXVII Campionato 1º División Feminina - "Grupo A", realizou esta mesma mañá o sorteo do CALENDARIO da fase regular desta competición, de caracter interautonómico, e na que os intereses galegos representaraos o equipo coruñés Sondeos del Norte Maristas, club que acadou o ascenso a esta categoría no ano 2007.

A Federación Galega de Baloncesto comunica que xa non dispón de entradas á venda para o encontro amigable que as Seleccións Absolutas Masculina de España e Arxentina disputarán este mesmo venres no Coliseum de A Coruña (22.15 h) dentro da Xira "Ruta Ñ" da FEB, preparatoria para os Xogos Olímpicos de Londres.

A Federación Galega de Baloncesto dispón das derradeiras entradas de entre as que tiña á venda para o encontro amigable que as Seleccións Absolutas Masculina de España e Arxentina disputarán este venres no Coliseum de A Coruña (22.15 h) dentro da Xira "Ruta Ñ" da FEB, preparatoria para os Xogos Olímpicos de Londres.

A selección española U18 feminina fíxose co Torneo Internacional de Lugo tras vencer esta fin de semana os seus dous encontros, ante Eslovenia o sábado, e ante Rusia esta mesma mañá.

Últimas horas para que arrinque a fase presencial do XXXVI Curso Superior de Adestradores. Co seu inicio programado para este sábado, 14 de xullo, esta potente etapa do CES2012 contará coa asistencia en Zaragoza dun centenar de adestradores, entre os que figuran oito representantes da nosa Comunidade Autónoma.

A maiores do Torneo Triangular, o lucense Pazo dos Deportes acollerá de xeito previo un amigable estre as xogadoras españolas e as rusas. O encontro en cuestión será este xoves, a partir das 19.00h, e tamén con entrada de balde.

- As xogadoras convocadas polo galego Miguel Méndez, seleccionador deste bloque U18 feminino, fraguan en Lugo a súa próxima presenza nesta cita continental.

- Un Torneo Amigable que as porá en xogo ante Eslovenia e Rusia será a cita clave da súa concentración en terras lucenses. 

Jacobo Rial, Daniel Pazos e Miguel Ángel Pérez arbitrarán na xira de preparación da Selección Española Masculina Absoluta de cara á súa participación nos Xogos Olímpicos de Londres.

A FGB coñece o "Espacio 2014"

Venres, 20 Xullo 2012 00:00

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, tivo a oportunidade de percorrer, acompañado polo presidente da FEB, José Luis Sáez, as dependencias da que será a nova sede para o vindeiro Mundial 2014: o "Espacio 2014".

Galicia cobra peso nas Seleccións de Formación FEB, auténticas protagonistas do verán competitivo a nivel nacional e internacional. Valores da nosa Comunidade estarán presentes durantes estes meses de xullo e agosto no traballo da área deportiva da FEB, tanto cos xogadores e xogadoras máis novos, a través da Academia de Iniciación, como nas categorías superiores que afrontan importantes citas europeas e mundiais.

O Centro Penitenciario de A Lama, en colaboración coa área de adestradores da Federación Galega de Baloncesto, achega nestas vacacións a posibilidade de cooperar na súa Escola de Verán de Baloncesto.

Unha vez rematado este luns, 16 de xullo, o prazo establecido para cubrir as vacantes de prazas na 1ª División Feminina, a FGB, responsable directa nesta nova temporada da organización desta competición, comunica o listado definitivo de equipos inscritos.

A Federación Galega de Baloncesto comunica que, por razóns alleas á súa vontade, queda anulada a Fase Final do programa 3x3 "Plaza 2014", cita que estaba programada para celebrarse este venres, 20 de xullo, na coruñesa praza de María Pita.

A cidade de Lugo acolle dende a tarde deste venres, 13 de xullo, no Pazo dos Deportes, un Torneo Internacional Amigable no que as Seleccións Nacionais Femininas U18 de España, Eslovenia e Rusia poñen a rodar o seu motor de cara a preparar o Europeo da categoría (Rumanía 2012)

A Comisión Delegada da Federación Española de Baloncesto, da que lembremos é membro o presidente da FGB, Francisco Martín, reuniuse esta xoves en Madrid para avaliar as inscricións dos equipos nacionais de cara ás súas competicións masculinas e femininas para a temporada 2012 - 2013.

- Esgotadas xa as de 50 e 35 euros, unicamente permanecen dispoñibles as derradeiras entradas de 25 euros.

Esta competición, organizada esta temporada directamente pola Federación Galega de Baloncesto, conta tamén coa participación das Federacións de Castilla León, Cantabria e Asturias.

Nun marco tan especial como a Praza de María Pita e baixo a coordinación de Basquet Coruña, a FEB e a FGB, un total de 41 equipos reuníronse este sábado na Couña para gozar do baloncesto 3x3 dentro do programa Praza 2014 que ten como finalidade a promoción e a práctica do baloncesto a todos os niveis e coa modalidade 3x3 como bandeira.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.