A localidade pontevedresa de Tui acolle os vindeiros días 21, 22 e 23 deste mes a concentración da Preselección Galega Cadete Feminina.
Un total de quince xogadoras están convocadas, baixo a dirección da seleccionadora Cristina Cantero, para comezar a preparación desta tempada de cara ao Campionato de España ás 11:30 horas no Pavillón Municipal de Tui.

Curso de Nivel I: Cualificacións

Martes, 14 Agosto 2012 00:00

A Escola Galega de Adestradores fai pública a lista completa de Alumnos Aptos no Curso de Adestradores de Nivel I, tras a realización do mesmo entre o 27 de xuño e o 1 de xullo.

Xa se coñece o listado de árbitros pertencentes ao Grupo 1 do CGAB que poderán ser designados para os encontros das categorias autonómicas, 1ª División Feminina, 1ª División Masculina e 2ª División Masculina.

O día 9 de agosto ás 13:00 horas rematou o prazo establecido para cubrir as vacantes e completar así as distintas ligas sénior autonómicas.

Xa se coñecen os calendarios das Copas Galicia Sénior 2012. A Copa Galicia Masculina comezará o vindeiro día 14 de setembro, pola súa parte a Copa Galicia Feminina farao o vindeiro día 30 de setembro.

IV Campus de Baloncesto "Chiquibasket ARES"

Mércores, 08 Agosto 2012 00:00

O Concello de Ares está a celebrar ao longo desta semana o IV campus de Baloncesto "Chiquibasket ARES".

A Selección Española U20 Feminina atópase en terras galegas afinando os seus motores. Na vila coruñesa de Noia, e recibindo un gran trato, o equipo de Anna Caula prepara a súa participación no Europeo da súa categoría (Debrezen - Hungría, 18/08/12 a 26/08/12)

O presidente da FGB, Francisco Martín Micó, comunica que, no día de hoxe, muda o seu departamento de Secretaría Xeral, deixando o mesmo o que durante máis de 20 anos foi a súa cabeza visible, Miguel Blanco.

Co adestrador obradoirista Moncho Fernández como padriño de excepción desta doceava edición, a tradicional cita co 3x3 da vila pontevedresa de Moraña terá lugar este venres, 27 de xullo.

A Escola Galega de Adestradores fai públicas, de xeito oficial, as cualificacións relativas ao curso de iniciación de adestradores impartido na Delegación de A Coruña, celebrado o pasado mes de maio (17, 19, 20, 26 e 27 de maio - Polideportivo Municipal Sagrada Familia).

Os días 17 e 18 de agosto Nigrán celebra un 3x3 da man do Club Baloncesto Airexa e o Concello de Nigrán.

Cambre celebrará o seu 1º 3x3 urbano

Martes, 14 Agosto 2012 00:00

Os vindeiros días 17, 18 e 19 de agosto celebrarasena localidade de Cambre da man do Club Baloncesto Cambre e coa colaboración do Concello o "I 3x3 Urbano Baloncesto Cambre".

A área de árbitros da FEB publica o listado dos árbitros de Grupo 1 e 2 para esta tempada.
A continuación detallamos como quedarán definidas as listas de árbitros do Grupo 1 e do Grupo 2 da FEB no que se refire aos árbitros adscritos á Federación Galega de Baloncesto.

O Concello de Marín acolle á Selección Española U15 Masculina que disputará o "Torneo de la Amistad".

Curso de Nivel II: Cualificacións

Mércores, 08 Agosto 2012 00:00

A Escola Galega de Adestradores fai pública a lista completa de Alumnos Aptos no Curso de Adestradores de Nivel II, tras a realización do mesmo entre o 25 de xuño e o 1 de xullo.

O Comité de Árbitros da Federación Galega de Baloncesto convoca aos adestradores galegos a coñecer de primeira man, e a través dunha charla en conxunto, o criterio arbitral a seguir na nova temporada.

Rematado o seu prazo oficial de inscrición este luns, 30 de xullo, xa se poden consultar os listados de equipos integrantes da 1º División Masculina, 1º División Autonómica Feminina e 2º División Sénior Masculina para a temporada 2012 - 2013.

A FGB publica os seus novos Estatutos

Venres, 27 Xullo 2012 00:00

A Federación Galega de Baloncesto fai públicos os seus renovados Estatutos, modificados para a súa necesaria adaptación á nova Lei do Deporte de Galicia (Lei 3/2012 do 2 de abril) e aprobados por unanimidade na Asemblea Extraordinaria da FGB, celebrada o pasado 23 de xuño.

VII Campus "José Ángel Antelo"

Xoves, 26 Xullo 2012 00:00

Con bo ritmo avanza a singradura da sétima edición do campus "José Ángel Antelo", organizado polo C.B. Noia e que conta coa colaboración do Concello de Noia, da Federación Galega de Baloncesto e da Deputación da Coruña, entre outras institucións.

O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e os presidentes da FEB, FGB e Básquet Coruña asinaron este venres un acordo para compoñer un ambicioso programa deportivo, educativo e social dirixido a 3.000 nenos e nenas.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.