As Copas Galicias Cadetes buscan campións

Venres, 09 Novembro 2012 00:00

A xornada deste sábado terá especial importancia en dúas sedes do noso Baloncesto. Ourense e Pontevedra acollerán as fases finais da Copa Galicia Cadete.

O Comité Galego de Árbitros, en colaboración coa Área de Saúde da FGB, pon en marcha un novo servizo orientado a todos os seus colexiados e que lles abre novas posibilidades de ampliar a súa formación e mellorar a súa práctica deportiva.

Coa chegada da temporada 2012 - 2013, e a incorporación da figura dun novo responsable da Área Deportiva, Carlos Colinas; reestrutúrase tamén o grupo de colaboradores que trasladará a cada Delegación a súa actual filosofía de traballo.

Porriño e Santiago de Compostela acolleron este domingo, 28 de outubro, as Fases Finais das Copas Galicia Júnior masculina e feminina, respectivamente. Consulta aquí os resultados:

O Comité Galego de Árbitros está a espallar o seu programa de traballo ao longo das diferentes delegacións FGB, reforzando as actividades do mesmo a través da xestión dos diferentes coordinadores zonais e de colaboradores habituais.

A maquinaria das Fases Finais das Copas Galicia júnior está xa en marcha. Definidos esta fin de semana os equipos participantes e designadas as sedes para cada categoría, masculina e feminina, so resta coñecer o nome dos novos campións.

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB poñen en marcha neste mes de outubro a "Aula Formativa do Adestrador Galego de Baloncesto". Ambas entidades suman obxectivos e esforzos para dar saída a esta novidosa iniciativa, que abrirá o seu camiño o vindeiro domingo, 28 de outubro; co técnico do propio club santiagués, Moncho Fernández; como protagonista.

Establecimientos Otero e Estudiantes Lugo Leyma Natura protagonizarán este sábado, 20 de outubro, a final da última Copa Galicia Sénior por disputar nesta 2012 - 2013: a Copa Galicia EBA.

Durán Maquinaria Ensino e Feel Cortegada venceron nas súas respectivas semifinais desta tarde, obtendo a posibilidade de facerse mañá, sábado (19.00 h - Pavillón de Esteiro.Ferrol), coa XX edición da Copa Galicia Sénior Feminina.

As Fases Finais da Copa Galicia Cadete servirán como perfecta plataforma de formación para o Comité Galego de Árbitros.
Os colexiados designados polo CGAB para ambas as citas participarán, á súa vez, dunha completa xornada de formación, guiada en cada caso por responsables técnicos nomeados pola Dirección do Comité.

Cursos de Nivel I e Nivel II

Martes, 06 Novembro 2012 00:00

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Escola Galega de Adestradores, fai públicos os requisitos base para a convocatoria dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II para esta temporada 2012 - 2013.

As Preseleccións Galegas estrean o mes de novembro intensificando a súa preparación. Desta volta son os catro combinados, na súa totalidade, os que afrontan convocatoria de traballo, en dobre ou triple xornada, segundo a categoría.

Porriño e Santiago de Compostela acolleron este domingo, 28 de outubro, as Fases Finais das Copas Galicia Júnior masculina e feminina, respectivamente. Consulta aquí os resultados:

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB presentaron oficialmente este venres a "Aula Formativa do Adestrador Galego de Baloncesto", iniciativa común que ambas entidades emprenden neste mes de outubro e que funcionará como plataforma formativa para os adestradores galegos.

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Área de Adestradores, activa a convocatoria dos seus cursos de iniciación 2012 - 2013, articulando unha estrutura formativa que irá crecendo ao longo da temporada.

Establecimientos Otero derrotou esta tarde de sábado a Estudiantes Lugo Leyma Natura no encontro Final da Copa Galicia EBA na súa edición de 2012. O equipo de Cambados, xa campión, actuou á súa vez como anfitrión neste encontro decisivo, celebrado no Pavillón do Pombal.

Á Area de Saúde da FGB traballa xa na avaliación física das preseleccións galegas. Os combinados autonómicos en categoría infantil e cadete contan, dende a súa última convocatoria desta pasada fin de semana, co control e asesoramento dos responsables do ámbito da saúde que a FGB incorporou nesta temporada.

13/10/12 - Final. Pavillón de Esteiro (Ferrol)

(19. 00 h) Durán Maquinaria Ensino - Feel Cortegada

(12 - 26 , 28 - 22, 18 - 17, 20 - 15) (78 -80)

(Árbitros: José A. Godoy /Adrián Gallego)

A Copa Galicia EBA celebra nesta fin de semana a súa derradeira xornada da Fase Previa, a que clarificará de xeito definitivo que dous equipos, os líderes de cada grupo ao remate desta última quenda de encontros, serán os que comparezan na final do vindeiro 20 de outubro.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.