Club Baloncesto As Pontes, en colaboración con Concello de As Pontes e Federación Galega de Baloncesto; pon en marcha o “I Clínic Lago de As Pontes”, actividade dirixida a adestradores do ámbito do baloncesto base e que concentrará, no Pavillón municipal desta localidade, un total de tres ponencias de referencia.

Nova cita formativa no calendario deste 2017. Sumándose aos cursos xa celebrados en Vigo, Lugo e A Coruña, dúas novas delegacións FGB, Ourense e Santiago, teñen todo preparado para acometer a súa quenda formativa en iniciación.

A "Aula Formativa do Adestrador" non detén o ritmo. Tras estrear temporada o pasado 28 de febreiro en Redondela, a Área Deportiva FGB convoca ao adestradores galegos a unha nova oportunidade didáctica, a celebrar en Allariz (Polideportivo Municipal Allariz) o vindeiro domingo, 12 de marzo; da man de Concello local e C.B. Allariz.

O Comité Galego de Árbitros abre prazo de inscrición para esta convocatoria formativa, a cal será a última no ámbito didáctico “on line” da presente temporada.

A recta final para o Campionato de España Mini de Seleccións Autonómicas comeza coa confirmación dos equipos definitivos que representarán a Galicia nesta cita, a celebrar na localidade gaditana de San Fernando do 8 ao 12 de abril.

O Comité Galego de Árbitros fai pública a designación dos colexiados que representarán a Galicia no Campionato de España de Seleccións de categoría Minibasket, cita que terá lugar en San Fernando (Cádiz) entre o 8 e 12 de abril.

Consulta, a continuación, os resultados do IV Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket "Concello de Marín", competición amigable que se celebra na vila de Marín baixo a organización de Concello de Marín e Marín Peixegalego. 

Babybasket: a competición viaxa a Carballo

Xoves, 23 Febreiro 2017 16:33

Este sábado, 25 de febreiro, celebranse en Carballo dúas novas xornadas da Liga Babybasket 2016 - 2017, competición pioneira en Galicia e organizada pola Federación Galega de Baloncesto coa colaboración de clubs, colexios e escolas municipais.

As dúas primeiras citas previas do Babybasket na Delegación da Coruña tiveron lugar en Culleredo e foron auspiciadas polo club local. Nesta ocasión a organización recae sobre os dous equipos de Carballo, o Club Baloncesto Artai e Escola Basket Xiria.

BabyBasket 2016 - 2017: Galería de Imaxes

Regresa a "Aula Formativa do Adestrador Galego"

Mércores, 22 Febreiro 2017 10:39

A Aula Formativa do Adestrador estréase en 2017 con dobre convocatoria didáctica, contando neste caso coa colaboración do Concello de Redondela e Club Baloncesto Redondela.

O Babybasket, de novo protagonista

Venres, 17 Febreiro 2017 17:05

A categoría Babybaket regresa ás pistas galegas esta fin de semana. Esta nova competición, orientada a nenos e nenas nados na marxe de anos entre 2009 – 2011 e que se está a convertir en todo un aliciente deportivo para clubs, colexios e escolas municipais, visita Narón e Allariz este sábado e domingo, respectivamente.

BabyBasket 2016 - 2017: Galería de Imaxes. 

- Para o ano 2017 só se destinan o 0,22% dos orzamentos totais para o deporte galego

- Nos últimos 8 anos o deporte galego baixou máis do 50%.

Nace o "Basket Surf Camp Razo"

Luns, 06 Marzo 2017 16:56

Chega Basket Surf Camp Razo, unha iniciativa de Escola Basket Xiria e Art Surf Camp que pretende combinar lecer, turismo e deporte durante catro días na praia de Razo, en Carballo. A actividade conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto. 

Fegabatv, a proposta da Federación Galega de Baloncesto na plataforma YouTube, amplía o contido referente ao “VI Claustro Docente FGB”, cita formativa dirixida a adestradores e celebrada en Porriño o pasado decembro de 2016.

Porriño Baloncesto Base e Concello de Porriño súmanse á campaña de promoción da arbitraxe que a Federación Galega de Baloncesto está a emprender de xeito activo neste inicio de 2017.

Master Senior League: IV Copa Andaina MSL

Martes, 28 Febreiro 2017 12:28

(Info: MSL) O Asega Classic Team converteuse no vencedor da “IV Copa Andaina MSL”, celebrada en Fexdega. A súa vitoria na final sobre o Cociñas Santos-Beiramar por 20-16 deulle o seu primeiro título na Master Senior League, competición pioneira e única en Galicia de baloncesto 3x3 para xogadores veteranos que cada xoves celébrase en Vilagarcía amparada pola Federación Galega de Baloncesto.

Dobre convocatoria de traballo para o Programa de Tecnificiación Autonómico FGB. Este mesmo luns, 27; e martes, 28 de febreiro; a localidade de A Estrada será de novo escenario da reunión de xogadores e xogadoras chegados de toda Galicia e citados pola Área Deportiva FGB.

Fegaba TV estará no "IV Torneo de Seleccións Autonómicas minibasket "Concello de Marín", cita que viviremos con intensidade esta mesma fin de semana, sábado 25 e domingo 26; nos Pavillóns de Sequelo e San Narciso

As tres localidades da costa da provincia de Lugo acollerán este nacional de clubs, competición a celebrar entre o sete e o trece de maio de 2017.

Na mañá deste martes foi presentado o IV TORNEO DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS MINIBÁSKET CONCELLO DE MARÍN, cita que se celebrará esta  fin de semana, 25 e 26 de febreiro, na localidade de Marín froito do convenio de colaboración asinado entre a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Marín.

O “VI Claustro Docente FGB” chega á programación de Fegabatv, a canle da Federación Galega de Baloncesto na plataforma YouTube.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.