A Delegación Zonal da FGB en Ourense clausura o ano 2018 programando un novo curso de iniciación para adestradores, a celebrar nas derradeiras datas deste mes. 

Abrimos o prazo de Inscrición para a sexta edición da temporada do Curso de Iniciación para Árbitros e Oficiais de Mesa na súa modalidade "ONLINE".

Os cursos de iniciación á arbitraxe do Comité Galego de Árbitros, cos que poderás familiarizarte con materias básicas como Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo ou Iniciación á mecánica arbitral, entre outras; teñen xa actualizado o seu Calendario para estos meses de decembro e Xaneiro. Toma nota!! 

 

 

As Preseleccións Galegas Cadete e Infantil de categoría feminina viaxan este venres con dirección Asturias para afrontar unha fin de semana de Torneo amigable.

A Master Senior League continúa o seu curso co liderado indiscutible do Policlínica Patricio Serqueira. A competición de baloncesto 3x3 para maiores de 30 anos ten no pavillón Fexdega de Vilagarcía o seu lugar de xogo grazas á colaboración prestada pola Federación Galega para levar a cabo co obxectivo de que se estenda a idea desta competición pioneira no maior número de cidades galegas.

Ourense e Vigo estrean "O Baloncesto Educa"

Mércores, 28 Novembro 2018 14:45

“O Baloncesto Educa”, proxecto formativo impulsado está temporada pola Federación Galega de Baloncesto, comeza a súa andaina visitando as cidades de Ourense e Vigo.

A Delegación FGB en Vigo abre convocatoria para o segundo curso xeral da presente temporada 2018 - 2019 no ámbito da formación en iniciación para Adestradores. Con sede na propia cidade olívica, e destinada a realizarse na primeira fin de semana de decembro, esta cita didáctica mantén xa aberta o seu prazo de inscrición baixo a seguinte programación e requisitos:

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración neste sentido co presidente da Federación, Francisco Martín.

Terceira convocatoria da temporada para o formato presencial no ámbito dos cursos de iniciación. A realizar en cada unha das sete delegacións xeográficas da FGB, impartiranse ao longo dos meses de novembro e decembro un total de sete cursos, todos de acceso aberto e gratuíto.

Aberto o Prazo de Inscrición para o IV Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa.

Galicia xa ten rivais para a súa cita co Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil e Cadete, a celebrarse entre o 3 e 7 de xaneiro en distintas localidades da provincia de Huelva.

O gran evento anual do baloncesto formativo español contará, de novo, coa participación das 19 Federacións Autonómicas, 76 equipos e máis de 900 xogadores e xogadores que encherán de competición un total de oito pavillóns de xogo.

Decembro é o mes escollido pola Área Deportiva FGB para reiniciar o proxecto formativo da “Plataforma de Mellora do Adestrador Galego”, un renovado escenario aberto aos técnicos en formación e liderado por todo un profesional da docencia, e home de Baloncesto: Chete Pazo.

Fin de semana de probas para as Preseleccións Galegas masculinas cadete e infantil. De xeito paralelo ás súas homónimas femininas, pero neste caso con rumbo ao País Vasco, os combinados que dirixen Tito Díaz e Javier Peinó parten este venres para dar conta dos Torneos Amigables de Lasarte (Cadete) e Deba (Infantil).

A FGB, en colaboración con CAIXABANK, Caldos Aneto e Creative Textil; activa unha temporada máis o seu xa tradicional  “Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que busca elixir a postal que, vinculando o Baloncesto e o Nadal, desexará boas festas a todos os federados e afeccionados ao baloncesto.

 

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Área de Adestradores, reactiva o formato de traballo coñecido comoPlataforma de Mellora do Adestrador Galego”. Co obxectivo de actualizar os escenarios formativos que a FGB ofrece actualmente aos adestradores máis novos renace este proxecto, posto en acción no ano 2014 e que agora atopa continuidade con características renovadas. 

Nova cita co traballo de preparación para as Preseleccións Galegas infantís e cadetes. Os nosos catro combinados autonómicos, que viven o seu último mes de traballo antes da meta do Campionato de España, reuniranse na tarde deste domingo, 25 de novembro; na localidade de A Estrada.

As colexiadas galegas Paula Lema e Laura Piñeiro formarán parte do equipo arbitral de cada un destes dous partidos da LEB Ouro e Liga DIA, respectivamente. 

A Federación Galega de Baloncesto impulsa o proxecto “O Baloncesto Educa”. A entidade federativa, coa colaboración de oito clubs de diferentes puntos da nosa Comunidade, dá o primeiro paso dunha iniciativa que busca crecer a través do fomento dos valores positivos que o Baloncesto atesoura.

O CAD Manuel Peleteiro – FGB suma o segundo mes de vida como proxecto formativo oficial en formato Ciclo Inicial de Grado Medio para adestradores, e faino cumprindo co programa establecido e gañando a confianza dos seus 33 alumnos.

CAD Peleteiro FGB: Galería de Imaxes

As Preseleccions Galegas infantís desputaron esta fin de semana o seu primeiro torneo oficial da temporada. A xa tradicional cita co “Torneo Infantil "Olmedo, ciudad del Caballero" contou  coa participación dos nosos combinados autonómicos nesta categoría, compartindo competición coas tamén seleccións infantís de Madrid e Castilla e León, e os equipos cadetes: Ponce Valladolid (feminino) e CBC Valladolid (masculino).

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.