Deporte Galego

Seleccións Galegas: Infantís e Cadetes avanzan na súa programación

  • 07 Octubre 2021 |

Xaneiro de 2022. Ese é o horizonte co que as Preseleccións Galegas Infantís e Cadetes traballan en cada cita das que contempla a súa programación, a cal as volverá a reunir esta fin de semana, 9 e 10 de outubro, nunha sede xa habitual para elas, o Concello de Marín. 

Un total de 16 xogadores e xogadoras por cada preselección reuniranse de novo este sábado e domingo nos Pavillóns de A Raña e San Narciso (Marín) para cumprir coa que será a súa terceira concentración do ciclo competitivo 2021 - 2022, que se iniciou no mes de xullo. Con este novo paso, a Área Deportiva FGB continúa consolidando os alicerces dos que serán os catro equipos que representarán a Galicia no Campionato de España a celebrar na xa indicada meta de xaneiro de 2022.

A continuación remitimos a citada programación, na que se dan a coñecer as restantes datas das sesións deportivas que protagonizarán as Preseleccións no futuro, así como os catro listados de xogadores e xogadoras convocadas para esta fin de semana. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence