Deporte Galego

Marín, primeira parada das PreSeleccións Galegas Minibasket

  • 29 Marzo 2021 |

Primeiro paso no camiño das Seleccións Galegas de Minibasket dentro da súa preparación para o Campionato de España (San Fernando (Cadiz), de 25 ao 29 de xuño). Unha vez coñecidos os líderes de cada combinado, Miguel Ángel Ortega en Masculino e Rosa Crespo no femenino; chega a quenda de trasladar o traballo á pista, convocando así unha primera cita cos adestramentos.

Ambos os Seleccionadores, acompañados dos seus colaboradores nesta nova etapa; reuniranse con este propósito este mércores e xoves, 31 de marzo e 1 de abril; na vila de Marín. Esta concentración, na que segundo a data participarán xogadores e xogadoras de diferentes zonas de Galicia, realizarase no Pavillón do Colexio San Narciso grazas a colaboración do propio Colexio e tamén do Concello de Marín. 

Remitimos a continuación as listas de xogadores e xogadoras convocadas, así como lembramos a programación de traballo que terán por diante ata o mes de xuño. Incidir en que, en todo momento, os adestramentos desta convocatoria realizaranse cumprindo o Protocolo FISICOVID DXTGALEGO FGB, e todos os participantes, tanto os nenos e nenas como o cadro técnico; pasarán previamente un test seróloxico. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka