Deporte Galego

Regresan con novidades as Seleccións Galegas Minibasket

  • 22 Marzo 2021 |

As Seleccións Galegas Minibasket retoman a actividade. Os combinados autonómicos mini volverán ás pistas tras un ano de parón e farano presentando cambios no seu cadro técnico e co obxectivo do Campionato de España na súa folla de ruta.

A principal novidade é a chegada de Miguel Ángel Ortega ao banquiño da selección mini masculina, afrontando así unha nova experiencia deportiva tras militar as pasadas cinco temporadas na Liga Feminina con Perfumerías Avenida conseguindo títulos ao máis alto nivel e ampliando o seu exitoso palmarés.

No apartado feminino a aposta neste 2021 é pola continuidade de Rosa Crespo, quen xa dirixiu a esta selección na pasada temporada, a cal se detivo a causa do Covid 19. Actualmente, Rosa continúa na disciplina do Baloncesto Estudiantes Pontevedra como adestradora en categoría Minibasket e Preminibasket. En ambos os casos, tanto Rosa Crespo como Miguel Ángel Ortega contarán cun equipo completo de segundos adestradores e delegados, nomes que se darán a coñecer nos vindeiros días.

Programación
Os dous novos responsables das Seleccións Galegas Minibasket coñecen xa tamén a súa programación de traballo, datas que lles permitirán realizar os adestramentos e convocatorias precisas para estruturar os equipos definitivos que representarán a Galicia no Campionato de España, a celebrar en San Fernando (Cádiz) entre o 25 e 29 de xuño.

Esta dinámica de seleccións comezará os vindeiros 31 de marzo e 1 de abril, iniciando un calendario de concentracións que achegamos en documento axunto.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka