Deporte Galego

O Campionato de España Mini 2020 xa ten calendario

  • 03 Marzo 2020 |

A FEB vén de facer público o calendario do Campionato de España Minibasket 2020, que se disputará na localidade andaluza de San Fernando do 4 ao 8 de abril de 2020. Cinco días de competición cos mellores talentos menores de 12 anos.

A edición 2020 deste Campionato Mini, que contará coa presenza das 19 Seleccións Autonómicas, ten xa formado os seus grupos e horarios, nos que prestar especial atención aos correpondetes as Seleccións Galegas.

Así, e competindo en ambos casos na categoría Especial, os nosos xogadores compartirán grupo con Comunidade Valenciana, Madrid, Illas Baleares e Andalucía. Pola súa banda, en categoría feminina Galicia competirá cun grupo que completan Aragón, Madrid, Illas Baleares e Cataluña.

A relación completa de grupos para este ano, así como o calendario de xogo completo serán os seguintes:

Categoría Feminina
Grupo A: Andalucía, Asturias, Canarias, Cast. León e Comunidade Valenciana
Grupo B: Aragón, Baleares, Cataluña, Madrid e Galicia
Grupo C: Ceuta, Cantabria, La Rioja, Navarra e Melilla
Grupo D: Cast. Mancha, Extremadura, País Vasco e Murcia.

Categoría Masculina
Grupo A: Andalucía, Baleares, Galicia, Madrid e Comunidade Valenciana
Grupo B: Asturias, Aragón, Cataluña, Castilla León e Canarias
Grupo C: Ceuta, Castilla la Mancha, Extremadura, Melilla e Murcia
Grupo D. Navarra, Cantabria, La Rioja e País Vasco

Calendario de Xogo 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka