Deporte Galego

#KDTINF2020 - 05/01/20: Resultados galegos

  • 04 Xaneiro 2020 |

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantís e Cadetes no terceiro día de competición no Campionato de España de Seleccións 2020, data na que pechamos a fase de grupos e coñeceremos as cruces clasificatorias.

Galicia no #KDTINF2010: Galería de IMaxes - 03/01/20

Galicia no #KDTINF2010: Galería de IMaxes - 04/01/20

Galicia no #KDTINF2020: Galería de Imaxes - 05/01/20

 WEB Oficial #KDTINF2020

#KDTINF2020 - 05/01/20: Resultados galegos
CADETE MASCULINA - ESPECIAL A 
Galicia, Comunidad Valenciana,País Vasco, Madrid e Andalucía.
(09.30 h) (X4) Galicia - País Vasco (73 - 71)

Vitoria axustada e moi traballada por parte dunha Galicia que foi de máis a menos. Os de Óscar Díaz gozaron no inicio do partido do que resultou o seu mellor momento. Concentrados e astutos tanto en defensa como en ataque, lideraron en pista e no electrónico (19 -10) a un Eukadi que lle daría a volta a esta situación de xeito paulatino.
Galicia sufriu un baixón de intensidade nos segundos dez minutos que permitiu a Euskadi recortar ao máximo as diferencias e deixar aos galegos en plena igualdade de cara a o decisivo último cuarto. Neste, a unha Galicia xa mermada fisicamente custoulle bastante frear a reacción vasca. A defensa rival non permitiu descanso aos galegos e forzou un final moi tenso pero positivo.


(17.30 h) (X5) Madrid - Galicia (89 - 59)

Galicia Cadete masculina despide terceira do seu grupo unha fase previa que concluiu con derrota ante Madrid. Os de Óscar Díaz tiveron diante a un rival que movía o balon con moita rapidez e ao que souberon conter durante un primeiro cuarto marcado pola igualdade e de alta anotación por ambos casilleiros.
Esta Galicia enchufada non resistiu todo o que faría falta, e visiblemente máis cansa que o rival, contrarrestou a capacidade anotadora madrileña durante un segundo e terceiro cuarto no que, pola contra,,non foi quen de aproveitar e trazar accións exitosas en ataque.
O derradeiro cuarto foi o da sentencia. Madrid recuperaba folgos, capacidade anotadora e asinaba o trunfo, e Galicia pensaba xa no seu posible cruce para a xornada do luns.

CADETE FEMININO - ESPECIAL A
Galicia, Comunidad Valenciana,País Vasco, Madrid e Cataluña
(13.30 h) (X5) Cataluña -  Galicia  (65 - 37)

Derrota con certo regusto mental positivo a colleitada polas galegas que dirixe Rubén Vázquez. As nosas cadetes amosaron o seu potencial competitivo ante un rival físicamente superior.
A pesar dun inicio marcado polos nervos e un rápido 11 - 0 en contra nos primeiros minutos, as galegas non perderon a súa concentración e, tras espertar cunha tripla tardía, ofreceron dous primeiros cuartos marcados, sobre todo, polo seu esforzo e seriedade en defensa. Esta capacidade de frear ao ataque rival, máis a fortuna cara o aro, permitiron chegar ao descanso coa máxima igualdade (22 – 20).
Foi xa na segunda parte do encontro cando as galegas, que continuaron apretando en defensa, amosáronse máis febles a nivel físico, situación que Cataluña soubo aproveitar ante canastra rompendo así o encontro, e construíndo unha diferencia que oscilaba e crecía na marxe dos 20 puntos. Galicia xa non puido pelexar (65 – 37)

INFANTIL FEMININO - ESPECIAL B
Galicia, Asturias, Madrid, Baleares e Cataluña
(09.30 h) (X4) Galicia - Cataluña (48 - 55)

Galicia infantil comezou o domingo amosando o seu poder competitivo, facendo fronte a unha potente cataluña e liderando o electrónico e o ritmo de xogo durante toda a primeira parte deste duelo. O equipo que dirixe Nacary Rojas comezou algo tímido pero soubo circular o balón para asentarse en pista e coller ritmo ao remate do primeiro cuarto, no que un parcial de 7 - 0 lles permitía gañar unha lixeira vantaxe que se consolidaría no segundo cuarto. Neste tempo, Galicia viviu os seus mellores momentos ofensivos, aproveitados para forxar unha renta de 11 puntos ao descanso.
O partido torceuse nun terceiro cuarto no que ambos equipos acusaron unha sequía anotadora (1 – 12) que adormeceu o xogo. Nesta tesitura, as xogadoras de Nacary comezaron a perder a vantaxe numérica e a frescura que souberon xestionar durante o primeiro tempo.
Os derradeiros dez minutos foron xa de dominio catalá, recuperando sen dificultades o terreo perdido e ampliando ata os 7 puntos unha diferencia que lles facía a elas vencedoras, pero que tamén amosaba a capacidade galega de competir a alto nivel.

(17.30 h) (X5) Madrid - Galicia (64 - 39)

Partido difícil físicamente e saldado con derrota para as xogadoras de Nacary Rojas. As nosas infantís unicamente puideron despegar o seu xogo sen acusar o cansazo acumulado durante o primeiro cuarto, no que que foron quen de realizar un bo traballo defensivo e manter a Madrid na tónica da iguladade en pista.
A partir dos segundos dez minuntos o baixón físico galego comezou a facerse evidente, provocando consigo numerosas perdas de balón difíciles de contrarrestar ante o acerto en ataque rival tanto interior como exterior.
A lucidez anotadora madrileña revelouse imposible de frear por parte dunha Galicia mermada físicamente e que aguantou, realizando moitas rotacións, o saldo negativo do resultado.

INFANTIL MASCULINO - PREFERENTE C
Galicia, Ceuta, Melilla, País Vasco e Castilla La Mancha
(11.30 h) (X4) Ceuta -  Galicia (4 - 55)

Partido cómodo para os nosos infantís. A ventaxa física coa que partían reflectiuse no marcador dende o inicio. Sen máis incidencias, e marcado polas claras difetencias e o reparto de moinutos de xogo, o partido pechouse ao inicio do terceiro cuarto (4 -55).

(19.30 h) (X5) Galicia – Melilla (80 - 41)

Último partido de grupo que deixa aos infantís invictos no seu grupo. Partido onde se impuxo de novo a superiodidade física e técnica dos galegos. Mañá a cita será na loita polo acenso ante Extremadura.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka