Deporte Galego

Campionato de Seleccións #KDTINF2020 - 03/01/20: resultados galegos

  • 02 Xaneiro 2020 |

 

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantís e Cadetes no seu primeiro día de competición no Campionato de España de Seleccións 2020 que se inicia este venres, con sede na provincia de Huelva.

Galicia no #KDTINF2010: Galería de IMaxes - 03/01/20

WEB Oficial #KDTINF2020

CANLE FEB: Encontros en directo

Baloncesto en Vivo

Estatísticas

#KDTINF2020 - 03/01/20 - Resultados


CADETE MASCULINA - ESPECIAL A
Galicia, Comunidad Valenciana,País Vasco, Madrid e Andalucía.
(09.30 h) (X1) Galicia - Comunidad Valenciana (59 - 58)

Final agónico no debut da Selección de Óscar Díaz, pero con saldo feliz para os galegos. Sobre a bucina, e cos nervos contidos, Galicia anotou una vitoria pola mínima que lle fai encarar o seu campionato coa mellor das caras posibles.
Comezou o encontro con igualdade e con ambos os equipos marcando un ritmo moi alto, que soubo aproveitar mellor o rival para gañar as primeiras pequenas distancias.

Galegos e Valencianos tentáronse en todo momento, non permitindo que o marcador sentenciara a cita antes de tempo e trasladando toda a incertidume aos últimos vinte segundo se encontro, cruciais para os intereses galegos.
Nestes derradeiros compases, entre a sorpresa e de todos, unha tripla e unha posterior e traballada xogada materializaba sobre a bucina dous puntos de outro para Galicia.


(17.30) (X2) Andalucía - Galicia (65 - 59)

Intenso partido o segundo do día para unha Galicia Cadete Masculina que soubo competir ao máximo fronte a un moi potente equipo Andaluz. Competindo cara a cara ata o remate do derradeiro cuarto, o equipo de Óscar Díaz amosou que a vitoria colleitada in extremis ante Valencia aumentou a motivación ea confianza de todo o equipo.
A igualdade e o respecto mutuo de ambos os equipos marcou un encontro que, quizais, se decantou en virtude da capacidade física dos locais, un equipo moi serio tanto en defensa como en ataque. Galicia aguantou sen maiores problemas o alto ritmo do encontro pero foi nos minutos finais cando as lixeiras diferencias no electrónico e un pequeno baixón nos folgos galegos sentenciaron o partido na súa contra.

CADETE FEMININO - ESPECIAL A
Galicia, Comunidad Valenciana,País Vasco, Madrid e Cataluña
(11.30 h) (X1) Galicia - Comunidad Valenciana (41 - 59)

A Comunidade Valenciana fíxose cun encontro que estableceu baixo o seu sino dende os primeiros compases. A Galicia de Rubén Vázquez, a pesar de aguantar o ritmo rival durante a primeira metade, deixouse gañar o terreo ao regreso do descanso.
Foi nesta segunda quenda do partido cando o rival impuxo claramente o seu valor en ataque, medindo ademáis moi ben a súa capacidade para frenar as intentonas galegas por non descolgarse dun partido que, finalmente (41 – 58), foi claramente “laranxa”.


(19.30) (X2) Madrid - Galicia (55 - 46)

Segunda e dolorosa derrota para as nosas cadetes. As de Rubén Vázquez comezaron por diante no encontro, pero o carácter ea boa circulación de balón das madrileñas pronto se fixo notar.
Tras uns primeiros dez minutos pechados con igualdade (15 - 15), o segundo cuarto do encontro estendería esta situación, cun xogo de ida e volta algo marcado polos nervos en ambos os dous bandos. Ao descaso (25 – 28), todo ainda por contar.
Foi xa tras o ecuador do encontro, cando unha Galicia máis desacertada ante o aro e menos poderosa en defensa que as súas rivais, deixa marcha a Madrid tanto no electrónico como no control do partido, chegando aos derradeiros e decisivos dez minutos seis arriba (43 - 37). Esta lixeira marxe serviu as madrileñas para seguir sumando acerto ante canastra. Axudadas pola puntería ante a liña de tres e certo despiste final galego, súa era a vitoria.

Segunda e dolorosa derrota para as nosas cadetes. 

INFANTIL FEMININO - ESPECIAL B
Galicia, Asturias, Madrid, Baleares e Cataluña
(17.30 h) (X2) Galicia - Asturias (39 - 63)

Estrea negativa para as nosas O combinado galego viuse superado por un rival, Asturias, que destacou polo seu acerto en ataque.
Dende os primeiros dez minutos as asturianas amosáronse máis metidas no xogo, aproveitando , ademáis, da súa efectivade, moitas segundas opcións en rebote.Galicia pecaba de pouca concentración e deixaba o primeiro cuarto cun 4 – 19 a favor das astures.
Unha pequena mellora pareceu atopar ás galegas non segundo cuarto, pero foi un escenario fugaz que volveu a dominar Asturias, marcando distancia de cara ao descanso (18 – 33).

Finalmente, a segunda metade deste duelo de Comunidades veciñas continuaba a ser de poder asturiano. Galicia pecaba de precipitarse en ataque e, pola contra, o acerto asentábase no bando contrario, deixando o camiño da vitoria marcado (26 – 36 – 3Q) ante os últimos dez minutos de encontro nos que Asturias rubricaba, sen ningunha complicación, un partido ben traballado (39 – 63).

INFANTIL MASCULINO - PREFERENTE C
Galicia, Ceuta, Melilla, País Vasco e Castilla La Mancha
(13.30 h) (X1) Castilla La Mancha - Galicia (54 - 94)

Debut sen dificultades para os xogadores de Javi Peinó, que souberon dosificar as súas forzas e unha clara vantaxe no marcador que non fixo máis que crecer, establecéndose 21 puntos arriba na metade do encontro (19 – 40).
Ao regreso dos vestiarios, Galicia mantivo esta tónica positiva xeral, contrarrestando a unha Castilla máis activa durante esta metade pero que non puido frenar en ningun momento a fenda do electrónico: dos 32 puntos ao remate do terceiro tempo ao xa definitivo 54 – 94.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka