Deporte Galego

Traballo dominical para as Preseleccións Galegas

  • 27 Setembro 2019 |

Segunda sesión de traballo para as Preseleccións Galegas Infantís e Cadetes nesta temporada 2019 - 2020. Este domingo, 29 de setembro; nas vilas de Noia (Pavillón Alonso Rodríguez) e Porto do Son, os catro combinados autonómicos están citados para levar a cabo dobre xornada de adestramentos, en quenda de mañá e de tarde.

Baixo as convocatorias oficiais que se poden consultar nos documentos que achegamos, todos os xogadores e xogadoras chamados a participar das Preseleccións cubrirán un novo paso na súa programación anual, a cal tamén está xa dispoñible para a súa consulta e da que xa sabemos que culminará entre o 3 e o 7 de xaneiro de 2020 co Campionato de España, cuxa sede, tal e como se deu a coñecer esta mesma semana pola FEB, será a provincia de Huelva.


Nova estrutura Área de Saúde FGB
Esta nova etapa das Seleccións Galegas ven tamén man dunha novidade no que a Área de Saúde FGB se refire: a incorporación de Brais Seoane como responsable máximo da mesma. Brais, vinculado xa como fisioterapeuta dende varias temporadas atrás a Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto, toma nesta 2019 – 2020 as rendas desta parcela, estreitamente ligada á dinámica das Seleccións, pero tamén estendida a todas as actividades deportivas FGB.

brais
A xestión de Brais Seoane, así como a colaboración de todos os seus compañeiros nesta faceta, volverá a ser peza clave e complemento perfecto ao núcleo deportivo das Seleccións.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka