Campionato de Seleccións #KDTINF2019 - 03/01/19: resultados galegos

Mércores, 02 Xaneiro 2019 14:29

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantís e Cadetes no seu primeiro día de competición no Campionato de España de Seleccións 2019 que se inicia este xoves, tres de xaneiro; na provincia de Huelva.

WEB OFICIAL #KDTINF2019

CESA GOL TELEVISIÓN: Encontros en directo

#KDTINF2019 - 03/01/19 - Resultados

CADETE FEMININO – PREFERENTE D

Galicia, Castilla la Mancha, Murcia e Extremadura.

(13.30 h) (X1) Murcia - Galicia (45 - 96) Estatística

Partido sinxelo en case todos os sentidos para a estrea de Galicia Cadete Feminina no Campionato. Costoulle uns minutos ao equipo que dirixe Fernán Varela entrar no xogo, pecando de nervios e errando canastras, a priori, sinxelas. Pero, rapidamente, dispuxéronse sobre a pista gañando confianza e abrindo fenda a favor no marcador (21 – 42)

As sensacións non cambiaron na segunda metade, con eficaces roubos de balón no medio campo, rápidas canastras e amplo acerto desde a liña de tres.Estas claves do xogo galego puntos permitiron ampliar a vantaxe xa marcada e asinar, polo tanto, unha traballada vitoria (45-96)

CADETE MASCULINO – ESPECIAL B

Galicia, Cataluña, Andalucía, País Vasco e Canarias.

(11.30 h) (X1)  Galicia - Cataluña (66 - 62)  Estatística

Debut redondo para Galicia na competición Cadete Masculina. Nunha máis que esixente estrea ante Cataluña, o equipo de Tito Díaz elevou a súa capacidade competitiva ao máximo, destacando positivamente en todas as facetas do xogo.

Os cadetes galegos conseguiron bloquear aos seus rivais, non permitíndolles sentirse cómodos en durante todo o partido, nin presentar resposta ao bo xogo interior galego. A intensidade foi máxima por ambas as bandas, levando a tensa igualdade no electrónico ata unha prórroga (58 - 58. 4Q) na que Galicia, lixeiramente superior, fixo gala do seu control do tempo e tamén en ataque, asinando unha máis que celebrada vitoria deportiva e moral (66 - 62)

(19.30 h) (X2)  Andalucía - Galicia (73 - 63) (Estatística

Partido bronco o segundo do día para os nosos cadetes. Os xogadores de Tito Díaz comezaron máis blandos que unha Andalucía moito máis fina na presión. As primeiras distancias foron favorables aos locais, que mantiñan axeitadamente o control do xogo, e non foi ata a segunda metade cando Galicia conseguiu arañar a velocidade e os puntos precisos para recurtar a marxe no electrónico.

Un terceiro e cuarto parcial de idas e voltas mantivo aos dous equipos nunha distancia intermitente entre os 9 e 10 puntos enrarecida nos intres finais pola expulsión da pista do técnico galego. Esta situación, sumada a manifesta imposibilidade de romper a vantaxe andaluza, deixaron a Galicia coa súa primeira derrota do Campionato. 

INFANTIL FEMININA - ESPECIAL B

Galicia, Comunidad Valenciana, Illas Baleares, Extremadura e Andalucía.

(11.30 h) (X1)  Galicia - Valencia (57 - 54) Estatística

Galicia Infantil feminina levantou un partido que lle foi á contra dende o inicio. Non sen esforzo, e superando os seu propios erros a base de concentración, as xogadoras de Nacary Rojas construíron unha remontada.

Tras un gran inicio rival acumulando ata unha vantaxe de 18 puntos, as galegas afinaron o seu obxectivo e foron quen de resarcirse a tempo das súas imprecisións tanto en defensa como en ataque. A súa primeria toma de contacto co #KDTINF2019 saldouse pois con vitoria (57 - 54) e cun plus engadido en forma de inxección de ánimo para todo o equipo.

(19.30 h) (X2)  Baleares - Galicia (37 - 63) (Estatística)

Galicia abriu nerviosa o seu xogo nesta segunda cita do día. Costoulle arrincar, e errouse en canastras sinxelas, pero, en diante, o traballo en equipo deu os seus froitos.

O sino do partido estableceuse nun segundo cuarto no que Galicia comezou a amosar a súa mellor versión, crecendo en actitude e, como aspecto decisivo, no control das perdas. Coa marcha ao descanso, e cun inmellorable regreso de vestiarios, as galegas impuxeron o seu completo dominio, mantendo unha segura vantaxe en torno aos 20 puntos durante toda a segunda metade.

INFANTIL MASCULINA - ESPECIAL A

Galicia, Comunidad Valenciana, Andalucía, País Vasco e Madrid

 (09.30 h) (X1)  Galicia - Valencia (19 - 69) Estatística

Galicia debutou con derrota nun encontro presidido dende o inicio polas súas dúbidas, que se transformaron nun garn diferenza na súa contra. Un parcial demoledor no primeiro cuarto (5 – 31) deixou aos de Javier Peinó sen capacidade de reacción.

Timidamente Galicia intentou aumentar a súa intensidade para romper o muro establecido polos valencianos no electrónico, pero a autoridade que estes souberon manter non permitiu esa reacción. No terceiro período pechouse definitivamente un marcador negativo para Galicia, convidando a pensar no seu próximo encontro.

 (17.30 h) (X2)   Andalucía - Galicia (100 - 50) Estatística

Os infantís que lidera dende o baquiño Javier Peinó buscaban no seu segundo encontro deste xoves resarcirse da ampla derrota colleitada na estrea. Nesta cita ante os anfitrións andaluces a súa imaxe en pista e a súa actitude mudaron en positivo, pero de novo non foron quen de asinar un resultado óptimo.
Saíron rápidos e entonados, pero recibiron pronta resposta do equipo andaluz, disposto a marcar as diferencias grazas ao seu plus de velocidade. 

Unha primeira parte desputada, pero sempre cos de Peinó por debaixo (24 – 17. 1Q), deixaba unha diferenza de 18 puntos que se convertía no maior problema a encarar tras o descanso para unha imprecisa Galicia (54 – 36).

O panorama ao regreso de vestiarios, lonxe de aclararse, continuou na espiral negativa que arrastraba o encontro dende o inicio. O castigo da vantaxe andaluza no marcador, e na pista; era cada vez maior, rexistrándose no terceiro cuarto un parcial intratable (36 – 4) para os intereses galegos.


Galicia xa nada puido facer nos dez minutos decisivos para evitar outra contundente derrota (100 – 50).

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 shuka 

© 2019 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.