PlanetaMini17: Galicia remata 5ª en feminino e 6ª clasificada en masculino

Luns, 10 Abril 2017 15:58

Galicia afrontou este martes, 11 de abril, a súa derradeira xornada de competición no #PlanetaMini17. Ambas as nosas seleccións, masculina e feminina, competiron a mediodía (13.30 h)  polo 5º posto definitivo das clasificacións finais de cada categoría neste Campionato de España de Minibasket 2017.

A fortuna foi dispar e, en dous encontros máis que axustados, as xogadoras que dirixe Fernán Varela impuxéronse a Castela León logrando esa quinta praza máis que meritoria; mentres que, no apartado masculino, o equipo de Javier Cortelo forzou a prórroga ante Madrid, pero sen poder rubricar unha vitoria final. Seu é o 6º posto definitivo. Parabéns a ambas as nosas Seleccións polo seu gran Campionato! 

Galicia Minibasket Feminina 2017

Galicia Minibasket Masculina 2017

Web oficial

Resultados #PlanetaMini17 Masculino

Resultados #PlanetaMini17 Feminino

#PlanetaMini17: Galería de Imaxes

Cruces Clasificatorias - 11/04/17

GALICIA MINIBASKET MASCULINA (Grupo Especial) - En xogo o 5º posto

(13.30 h) 3º Grupo A – 3º Grupo B: Madrid - Galicia (78 - 75)

Galicia Masculina: 6º clasificada.

Captura de pantalla completa 12042017 165645

Emocionante e igualado partido o que enfrontou ás seleccións de Galicia e Madrid na loita polo quinto posto. A tensión do partido fixo que a anotación non fose tan alta como nos anteriores encontros e ningún equipo conseguía adiantarse no marcador, sendo os de Javi Cotelo os que terminarían, tras perder o primeiro cuarto por un punto, os seguintes 4 periodos sempre por diante con vantaxes mininas de 1 ou 2 puntos.

O derradeiro cuarto foi vibrante, con bonitos momentos finais nos que se dispuxo dun tiro para gañar que non entrou, chegando así á prórroga. Nesta, por primeira vez dende o periodo inicial, os madrileños conseguirían unha pequena vantaxe no marcador que saberían xestionar para levarse o partido.

GALICIA MINIBASKET FEMININA (Grupo Especial) - En xogo o 5º posto

(13.30 h) 3º Grupo A – 3º Grupo B: Castilla León - Galicia (70 - 74)

Galicia Feminina: 5º clasificada. 

Captura de pantalla completa 12042017 165214

Encontro no que o conxunto dirixido por Fernán Varela non saíu á pista como nos ten afeito. Defensivamente non se atoparon cómodas ata o inicio do segundo sexto, malia iso a maior vantaxe que conseguiu Castela León foi de 3 puntos no propio inicio dun partido no que o xogo estivo dominado polas galegas en todo momento.

Un final axustado decidía que a vitoria e o 5º posto en xogo pertencese a Galicia, rubricando así un traballo excepcional durante todo o campionato.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto