As Preseleccións Minis comparten o seu traballo cos adestradores galegos

Mércores, 01 Febreiro 2017 17:13

Un mes despois da súa última concentración, as preseleccións galegas minibasket regresan ao traballo con cita o vindeiro domingo, 12 de febreiro.

Visitando de novo o Pavillón Municipal de A Estrada, os combinados autonómicos que lideran Fernán Varela, en categoría feminina; e Javier Cotelo, en masculina; afrontarán sesión completa de adestramento, en quenda de mañá e tarde.

Esta convocatoria chega da man dun compoñente formativo, abrindo as súas portas a todos aqueles alumnos dos cursos de adestradores FGB que desexen achegarse a observar e compartir cos seleccionadores os pormenores da xornada.

Os interesados en aproveitar esta ocasión poderán solicitar a súa presenza ata o vindeiro dez de febreiro. Terán que facelo vía mail ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) e atendendo aos requisitos que se detallan no documento que se achega.

A súa participación nesta proposta didáctica poderá validarse por formación continua (un CETI E 4 HORAS), sempre que asistan de xeito completo ao horario proposto na actividade.

15:45 h - Chegada ao Pavillón

16:00 h a 19.00 h - Observación Adestramentos

19:00 h a 20.00 h-  Reunión coloquio cos cadros técnicos para comentar aspectos observados.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.