Campionato de España Infantil e Cadete 2017: Cruces clasificatorias - 06/01/15

Xoves, 05 Xaneiro 2017 21:38

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantil e Cadete neste venres, seis de xaneiro; última data de competición para Galicia cos encontros de cruces clasificatorias do #KDTINF2017.

Campionato de España Infantil e Cadete 2017: Cruces clasificatorias - 06/01/15 (Foto: Nevado /FEB)

Web Oficial Campionato de España

#seleccionsgalegas #KDTINF2017 #SomosFuturoFEB

GALERÍA DE IMAXES 03/01/17

GALERÍA DE IMAXES 04/01/17

GALERÍA DE IMAXES 05/01/17

GALERÍA DE IMAXES 06/01/17

Infantil Feminino – 06/01/17

3º A – 3º B (Pavillón Diego Lobato. Huelva) (en xogo o 5º posto Grupo Especial)
(09.30 h) Galicia - Baleares

(59 - 33) (25 - 8, 10 - 12, 12 - 10, 12 - 3) Estatística

Galicia rubricou cunha cómoda vitoria ante Baleares o seu definitivo 5º posto da clasificación final do Grupo Especial. Con control do encontro de principio a fin, sen amosar inquedanza en ningún intre, o equipo de Nacho Silva despediu o campionato asegurando o seu derradeiro trunfo dende o 1º cuarto, cun parcial (25 - 8) que pouco deixou maniobrar as Baleares. O bo traballo de todo o EQUIPO, tanto en defensa como en ataque, veuse acompañado ademáis pola faceta anotadora das dúas Noas, Comesaña con 13 puntos e Padín con 11. 

Infantil Masculino – 06/01/17

3º A – 3º B (Pavillón Diego Lobato. Huelva) (en xogo o 5º posto Grupo Especial)
(11:30 h) Canarias - Galicia

(60 - 57) (14 - 11, 14 - 18, 18 - 20, 16 - 8) Estatística

Canarias empezou fría ante un combinado galego que, nos primeiros compases, impuxo un ritmo alto, anotando os seus oito primeiros puntos en tres minutos de sequía canaria, situación que forzou un tempo morto rival buscando un cambio de actitude.

Canarias respondeu a esta necesidade e, desta vez si, enchufouse ao encontro conseguindo pechar o cuarto por riba (14 – 11). Os segundos dez minutos resultaron de transición, con ambos equipos tomando a medida ben de preto un ao outro, sen deixarse escapar no marcador. Ao descanso, todo por decidir, destacando 0s 18 puntos do galego Tomás Álvarez.

Na segunda metade de partido os de Ricardo Aldrey, engadiron o plus de forzas preciso para conquerir o obxectivo marcado no seu último encontro de Campionato, pero non foi suficiente. Uns sufridos segundos finais, con maior perfil anotador canario, deixaron coa mel nos beizos aos galegos que, de todos os xeitos, cumpren un bo papel neste #KDTINF2017 culminándoo en 6º posición do Grupo Especial.

Cadete Masculino – 06/01/17

Grupo Preferente 3º C – 3º D (Pavillón Andrés Estrada. Huelva)
(11.30 h) Castilla La Mancha- Galicia

(56 - 69) (17 - 25, 8 - 12, 15 - 14, 16 - 18) Estatística

Galicia Cadete Masculina pechou a súa presenza neste #KDTINF2017 cunha notable última actuación ante Castilla La Mancha. Os xogadores de Miguel Maseda encararon a cita co marcador de cara dende o primeiro cuarto, facendo súa esta dinámica ata o remate do mesmo.

Por momentos, os manchegos acurtaban distancias, pero isto non era máis que resultado de lances puntuais do xogo. En realidade, a vitoria galega nunca deu a sensación de correr perigo, certificando así un peche de ciclo positivo para os cadetes galegos, xeración que di adeus aos Campionatos de España.

Cadete Feminino – 06/01/17

4ºA - 5ºB (Pavillón Hernández Albarracín. Punta Umbría) (en xogo a permanencia no Grupo Especial)
(17.30 h) Galicia – Extremadura

(69- 24) (17 - 4, 15 - 8, 16 - 4, 21 - 8) Estatística

Contundente inicio galego para marcar o carácter dun encontro no que estaba en xogo a súa permanencia no Grupo Especial. Un primeiro cuarto de dominio total do combinado de Víctor Fernández (19 - 4) deixaba ás claras que a concentración ía ser clave.

O mecanismo galego funcionou sen fisuras, tanto en defensa como en ataque, acompañado ademais dos ánimos de toda a expedición galega dende a grada. A efectividade anotadora das nosas cadetes marcou a diferenza respecto ás extremeñas, demasiado esquivas ante canastra.

Os segundos dez minutos repetiron o esquema presentado no arranque de partido. Galicia movía o balón con rapidez e acometía con prestancia tanto a defensa como as axudas e recuperacións, mentres que o rival carecía do acerto e ideas precisas para acurtar a xa ampla distancia entre ambas as escuadras.

Ao descanso (34 – 12), Galicia marchaba con 22 puntos de marxe que resultou vital ao seu favor e que, de volta á pista, e cos mesmos argumentos, aumentou cada vez máis. Na segunda metade, e sen perigo rival, o encontro estaba sentenciado. Salientar este último esforzo de todo o EQUIPO para defender con solvencia a súa praza en Especial. Como máxima anotadora para as galegas(22 puntos) e con 51 de valoración, notar o papel de Raquel Carrera.

 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.