Campionato de España Infantil e Cadete 2017: Resultados galegos - 04/01/15

Martes, 03 Xaneiro 2017 22:25

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantil e Cadete neste mércores, catro de xaneiro; segundo día de competición da FASE PREVIA no #KDTINF2017.

WEB OFICIAL CAMPIONATO DE ESPAÑA

#seleccionsgalegas #KDTINF2017 #SomosFuturoFEB

Cadete Masculino - Fase Previa Grupo Preferente D
Galicia, Islas Baleares, La Rioja e Murcia.

GALERÍA DE IMAXES - 03/01/17

GALERÍA DE IMAXES - 04/01/17

04/01/15 - Xornada 2
(15:30 h) La Rioja - Galicia (Pavillón Gil Hernández Punta Umbría)

(51 - 58) (10 - 20, 14 - 14, 13 - 12, 14 - 12)

Partido con denominación de orixe galega, controlado desde o principio grazas a unha vantaxe de dez puntos granxeada no primeiro cuarto en virtude a unha boa defensa en todo o campo.

Os de Miguel Maseda continuaron esta liña e ampliaron a súa renda ata os 17 puntos chegado o terceiro cuarto, pero malas accións defensivas deixábana en perigo e facilitaban unha reacción rival.

Ao inicio do derradeiro cuarto Galicia recibía un parcial 12 – 0 en contra que complicaba a súa situación e metía, de novo, a La Rioja no partido. Ante o mesmo, e tirando de eficacia no tiro exterior, os nosos cadetes puideron repoñer o seu status sobre a pista e recuperar a actitude e, con ela, a vitoria.

Cadete Feminino – Fase Previa Grupo Especial A
Galicia, Madrid, Aragón, Andalucía e Canarias.

04/01/15 - Xornada 3
(13:30 h) Aragón - Galicia (Pavillón Gil Hernández. Punta Umbría)

(57 - 51) (14 - 17, 11 - 15, 21 - 12, 11- 7)

Duelo importante para Galicia culminado con negativo resultado para os nosos intereses. AS xogadoras de Víctor Fernández comezaron ben asentadas nun encontro que veu marcado pola igualdade dende o minuto cero.

A primeira metade de partido foi netamente galega, dando a imaxe o combinado autonómico de que estaba a piques de romper o marcador ao seu favor. Pero non puido ser. Ao regreso de vestiarios, Galicia non foi quen de atacar a zona presentada por Aragón e, con imprecisións e nervios, proliferaron tamén as perdas de balóns.

A selección aragonesa acadou así unha vantaxe inaccesible xa para as cadetes galegas, que terán que apostar mañá, con dobre xornada (09.30 h ante Canarias e 17.30 h ante Andalucía) á súa boa sorte neste #KDTINF2017.

Infantil Masculino - Fase Previa Grupo Especial B
Galicia, Cataluña, Andalucía, Euskadi e Castilla León

04/01/15 – Xornada 3
(15:30 h) Galicia - País Vasco (Pavillón Albarracín. Punta Umbría)

(65 - 45) (29 - 13, 16 - 6, 11 - 12, 9 - 14) 

Gratas sensacións as que rondaron este mércores ao combinado que dirixe Ricardo Aldrey. O seu único encontro do día, ante Euskadi, saldouse con vitoria, solventando a mesma con ampla marxe de manobra dende o primeiro cuarto.

Un contundente primeiro parcial (29 – 13) rompeu un partido con clara sinal galega dende o seu inicio. As preocupacións dende o banquiño galego chegaron no terceiro cuarto, momento no que custou máis manter a vantaxe de 26 puntos coa que se chegara ao descanso. Galicia estaba obrigada a manter a súa intensidade para non deixar escapar o seu dominio.

Os infantís galegos asumiron esta necesidade e, aplicados en defensa , seguiron a aumentar a súa renda, bloqueando as posibilidades vascas de regresar ao xogo. Ao remate, trunfo cómodo e con premio: o obxectivo de manter a categoría especial está máis preto que nunca.

Infantil Feminino - Fase Previa Grupo Especial A
Galicia, Cataluña, Euskadi, Aragón e Madrid

04/01/15 - Xornada 3

(11:30 h) Galicia - País Vasco (Pavillón Albarracín. Punta Umbría)

(65 - 62) (15 - 11, 16 - 19, 15 - 19, 19 - 13)

Desputado partido que tivo o mellor dos resultados posibles para unha Galicia que este mércores compite por partida dobre. A intensidade dominou en todo intre, cun mellor inicio para as xogadoras vascas, revertido con premura por unha Galicia consciente da importancia de sumar unha vitoria antes da crucial xornada da tarde (19.30 h, ante Aragón).

As idas e voltas sucedéronse ante canastra, non deixando ningún equipo escaparse ao rival nas opcións de trunfo. Galicia parecía segura na súa pista e defendía con prestancia ante a boa resposta vasca, máis forte no segundo e, sobre todo, terceiro cuarto.

Finalmente, uns titubeantes minutos finais, con lixeira vantaxe para as de Nacho Silva a partir dunha tripla de Esther Gil a falla de 60 segundos, deixaron aberta a porta da vitoria.

Por Galicia, a máxima anotadora foi a propia Esther Gil con 10 puntos. Na banda vasca, destacaron n parcela anotadora Sonia Pereda e Utxue Etxarte.

04/01/15 - Xornada 4
(19:30 h) Aragón - Galicia (Pavillón Frontón. Palos

(77 - 45) (15 - 11, 28 - 6, 18 - 18, 16 - 10) Estatística

Inicio algo dubidativo para Galicia, nun encontro pensado para xogo colectivo na busca dun pase a semifinais. Aragón comezou a dominar o marcador, establecendo as primeiras diferencias dende o minuto cinco. Con 9-2 no electrónico en contra, non cabían as escusas para Galicia, debía engancharse ao encontro. O segundo cuarto empeorou a situación para o equipo de Nacho Silva, incapaz de frear o maior ritmo aragonés e impreciso nas recuperacións e na defensa.

As rivais, movendo o balón con máis rapidez, aplicaban un duro correctivo en forma de parcial en contra (10 -0) na metade deste cuarto, xusto antes de encarrilar o camiño a vestiarios e minando o ánimo galego, quen se retiraba á caseta con 26 puntos en contra de diferenza (43 – 17).

A segunda metade veu inevitablemente marcada por esa fenda de puntos, barreira que se amosou insalvable co paso dos minutos, nos que Aragón seguía amosando un punto físico e de frescura moi superior. Nos derradeiros intres, xa cunha diferencia asentada en torno aos 30 puntos, o reloxo foi o maior rival galego, culminando a conta atrás cara a derrota.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.