Deporte Galego

Novos cadros técnicos para as Seleccións Galegas de Minibasket

  • 26 Setembro 2013 |

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto completa a súa estrutura de traballo no ámbito dos combinados autonómicos para esta temporada 2013 - 2014.

Coñecidos xa no inicio do mes de setembro os cadros técnicos correspondentes ás categorías infantís e cadete, chega agora a quenda de definir o grupo de responsables para Minibasket, un conxunto de adestradores que iniciará a súa axenda de traballo en pista o vindeiro mes de decembro.

Composta por adestradores pertencentes a diferentes clubs da xeografía galega, a disposición de ambas as Seleccións Minibasket contará cos seguintes activos:

Selección Galega Minibasket Masculina
Seleccionador: Fernando Buendía García (Básquet Coruña)
Axudante: Alberto Pérez Vidal (Estudiantes Pontevedra)
Delegada: Raquel Salgado Vilachá (CB Allariz)

Selección Galega Minibasket Feminina
Seleccionador: Nacho Silva Fernández (CD. Bosco)
Axudante: Fernán Varela Faílde (Estudiantes Lugo)
Delegada: Irma Landeira Caamaño (FEDESA-Pio XII)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence