As "Charlas baixo a Canastra" de Luis Alberto Rey Lama, ao alcance de todos

Martes, 31 Xaneiro 2012 00:00

A Federación Galega de Baloncesto achega, para o interese dos afeccionados ao Baloncesto Galego, e grazas á colaboración desinteresada de Luis Alberto Rey Lama, a posibilidade de consultar íntegras as súas tres publicacións sobre baloncesto.

A través das "conversas que un `superveterano´ establece con un xogador máis novo agrúpanse tres obras - "Charlas baixo a Canastra" para o seu autor - , que se clasifican cunha orde precisa e baixo os seguintes títulos: "Del patio al "siguing", "¿Quién lanzó una manzana a la cesta que colgaba del árbol?" e "Bodas de platino + 5".

A recompilación literaria de Luis Alberto Rey Lama, da que hoxe facilitamos unha ligazón(http://issuu.com/la2011) para a súa lectura, está articulada coma unha homenaxe particular do autor ao Baloncesto Vigués e Galego. Unha colección de "Charlas" que como o propio Rey Lama afirma na segunda delas: están elaboradas "sin prisas, con la calma que se precisa para elaborar algo nuevo, aunque en este caso los ingredientes ya están preparados desde hace años".

0467543001328030365-bodas-de-platino-5-2011 0496219001328030212-quien-lanzo-una-manzana-a-la-cesta-que-colgaba-del-arbol-xaneiro-2010

E tanto é así. O autor, xa retirado na actualidade dos banquiños, atesoura unha dilatada traxectoria neste noso mundo do Baloncesto, establecéndoo como unha voz autorizada do basket vigués. Ex - xogador dos desaparecidos Bosco, Estudiantes e Celta, acadou como técnico os seus logros máis importantes dirixindo ao Estudiantes e Celta Femininos, e convertendo a este último, no primeiro club da cidade en participar en competicións continentais, a mediados da década dos setenta.

Na seguinte ligazón (http://issuu.com/la2011) os afeccionados ao baloncesto que así o desexen poderán consultar completamente de balde as tres obras que, ate o momento, Rey Lama leva tras de si co Baloncesto como eixo central. De seguro que esta marcha non se detén aquí.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.